#LigadaCostaFEM: O Soneira celebrou o título no Cubaleiro… e en Vimianzo!
- O Outes venceu en Camariñas e adianta ás encaixeiras na loita pola segunda prazas de ascenso directo que apreta o Cabana.
Tras vencer a semana ao EF Juan Cabrejo, o Soneira confirmou o título da #LigadaCostaFEM e o ascenso á 2ª Div.. As de Roland e Oli vencían en Corcubión e aproveitaban a derrota do Juan Cabrejo ante o Outes, no partidazo da xornada, para sentenciar tamén o ascenso directo.
Precisamente queda aberta, nas 3 xornadas que quedan por diante, esa segunda praza polo ascenso directo. O Outes deu un paso de xigante ao vencer no Vicente Carril, e saca un punto ás camariñás e ten o golaveraxe individual a favor. Pero en fronte terá que pelexar tamén co Cabana, que apreta as cousas aí arriba, cun Outes-Cabana na última xornada.
3ª Div. Fem., Gr.3, xornada 19
Xallas B - Cabana (1-3)
- Xallas: Peta, Luchy, Carmen Pena, Judit, Dani, Laura, Mar, Saray, Yaiza, Cali e Michelle. Tamén: Alba, Naiara, Marta, Carmen Pombo e Noa.
- Cabana: Miriam, Nuria (Idania),Iria (Sabela), Mireia, Aroa, Irene, Inma, Alejandra, María Souto (María Gómez), Laura (Adriana), Nerea.
- Goles: 1-0, m.8: Luchy; 1-1, m.42: Nerea; 1-2, m.45: Irene; 1-3, m.60: Aroa.
Saíron moi ben as xalleiras, que se adiantaban moi pronto no marcador. O Cabana foi recuperando posicións pero á contra as de Noe Vimi tiveorn algunha. Antes do descanso Nerea faría o empate tras un pase de María Souto. Un tanto que caeu como unha losa de cemento nas nosas, e neses minutos antes do descanso o partido partiriase e o Cabana poñeriase por diante no marcador xusto antes de ir aos vestiario, cun centro den novo de Maria que remataba Irene.
Tras a volta do vestuario o equipo xalleiro sairía mellor posicionado, e dando algún susto, pero xa coas forzas mermadas o Cabana imporía o 1-3 definitivo.
Juan Cabrejo - Outes (0-1)
- EF Juan Cabrejo: Desiré, Rosana (Alba), Rocío, María, Uxía, Laura Pose, Ana Lelucha (Brenda), Yara, Laura Paredes, Maira (Lola) e Paula Mouzo.
- Outes: Candela, Fátima, Alicia, Iria, Natalia, Uxía, Carmen Campos, Carla, Mirian, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Antía, Erika, e Candela.
- Gol: 0-1, m.31: Laura Lires pola escuadra.
Partido de alta tensión, coa segunda praza en xogo. As camariñás saían firmes, ben posicionadas, pelexando cada balón, con Yara e Paula Mouzo movéndose e creando perigo. Pero as de Dani Salgueiro tamén estaban intensas e despois de moito intercambio no medio campo, colocábanse por diante gracias a un trallazo de Laura Lires (que volveu facer un partidazo) á media hora á saída dun córner.
Na segudna cambiaron as tornas. As de Juan Cabrejo e Pepucho dominaron metendo ao Outes no seu campo, tendo varias ocasións para empatar, pero as da Serra estiveron moi firmes. Ata de penalti puido empatar o cadro local, pero Candela acertou o tiro de Yara e blocou o balón para redondar o seu paridazo. Quedaban 10 minutos aí e aínda puido pasar de todo, porque ademais da presión local, Erika e Laura tiveorn un par de ocasións para ampliar a renda.
Corcubión - Soneira (1-4)
- Corcubión: Xiana, Marta, Carla, Sandra García, Andrea Rod., Lara, Helena, Sandra López, Cris, Andrea Romero e Jimena. Tamén: Lucía, Tati e Garea.
- Soneira: Karen, Noa Forján, Laura Calvo, Leila, Sara, Luana, Paula Carril, Ana Mouzo, Tamara, Kelly e Kenny. Tamén: Dani, Marce, Uxía, María e Cris.
- Goles: 1-0, m.32: Andrea Romero; 1-1, m.44: Kennny, 1-2, m.45+2: Kelly; 1-3, m.68: Kenny; 1-4, m.82: Kenny.
Mañá de sol no Novo Cubaleiro e cunha grada chea de afeccionados que esperaban, moitas de Vimianzo que esperaban unha vitoria e un tropezo das segundas clasificadas para consumar un título ligueiro no seu segundo ano de vida.
Comezaban as de Roland o partido intensas e concentradas, recuperando e ganando balóns na metade do campo e facendo dano con transicións rápidas. Pero en contra estaba un Corcubión que fixo unha gran primeira metade, aguantando ben, moi intensa, e meténdose por diante cun golazo de Andrea Romero.
Pero o Soneira pegou un arreón antes do descanso, e a base de garra e coraxe, avisaron cunha falta de Tamara ao longueiro, e dous zarpazos de Kenny e Kelly de tiro lonxano dáballe a volta ao marcador.
Na segunda, o Corcubión foi perdendo folgos ante un Soneira espoleado e coas gañas de celebrar, marcando dous máis Kenny, que firmou un novo triplete, e que se achega ao pichichi con 39 tantos, 11 máis de Laura Lires.
Asi, coa vitoria de Outes en Camariñas e a nosa en Corcubión consumabase o título faltando 3 xornadas para terminar a competición. Premio a un traballo espectacular de toda a plantilla durante a liga e que se celebrou durante todo o domingo en Vimianzo.
Así celebraron o título e o ascenso no Cubaleiro as soneirás.
Zas - A Baña (5-1)

- Zas: Alvite, Sara, Lorena, Carlota, Jimena, Tania, Lucía, Lara, Nuria, Antía e Nerea. Tamén: Valeria, Alba, Laura e Noelia.
- Goles: 1-0, m.9: Nerea; 1-1, m.23: Natalia; 2-1, m.30: Nuria; 3-1, m.32: Nerea; 4-1, m.46: Nerea; 5-1, m.81: En propia.
Partido dominado de principio a fin polo Zas, cas ausencias defensivas da xornada pasada, practicamente xa terminaron a temporada. O equipo tuvo que volver a readaptarse, pero está vez dunha forma máis ofensiva. O equipo xerou moitas ocasións, con Nerea como máxima artilleira, e Nuria, nunha das súas xogadas marca da casa, poñía en vantaxe.
Na segunda, as locais apretaron e fixeron á porteira local na mellor do partido.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.18: O Soneira acariña o título e ábrese a loita polo 2º posto.
- X.17: Soneira e Juan Cabrejo prepáranse para a gran final.
- X.16: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.27: O Muxía pasou outra proba de lume.
- X.26: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.