Mércores. 14.04.2021
El tiempo

A oposición pide que o arranxo da estrada da fábrica o pague a Xunta

estrada da fabrica
Así está a estrada dende o paso da última borrasca
A oposición pide que o arranxo da estrada da fábrica o pague a Xunta

Cada vez que hai temporal, unha das zonas que sempre sofre é a estrada de entrada a Cee pola AC-550 dende Muros, no desvío cara o porto que vai pegada á fábrical. Así aconteceu coa última borrasca Karim, que provocaba un novo arrastre de terras.

No pleno extraordinario deste mes, o grupo de goberno socialista propuso levar a cabo a “Realización de obra na fábrica de Brens por desprendementos (44.933,52€), con cargo ao remanente de tesourería. Unha decisión controvertida para os grupos da oposición de BNG, PP e IxCee, que consideran que se debe esixir á Xunta que asuma as súas competencias, xa que estamos a falar dunha estrada de titularidade autonómica.

“Poñer a excusa de que é responsabilidade do concello parécenos pouco menos que surrealista, xa que o terreo derruido está a carón dos quitamedos. Hai que ter en conta que episodios como este poden pasar en calquera punto desta ou outra vía, e non cremos que teñan que ser as donas das parcelas lindantes as que teñan que asumir o arranxo dos desperfectos para que as estradas non se veñan abaixo” , declarou Serxio Dominguez, portavoz do BNG de Cee.

Por isto, o BNG vai levar ao Parlamento Galego por medio do deputado Daniel Pérez, unha iniciativa para que a Consellería de Infraestructuras asuma a súa responsabilidade e non trate de que o concello de Cee pague os arranxos nas súas competencias.

comentarios