Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Os 5 mellores expedientes do IES Fernando Blanco recibiron as becas do mecenas

Os 5 mellores expedientes do IES Fernando Blanco recibiron as becas do mecenas
Entrega dos Premios Fernando Blanco

Este sábado 6 de setembro, no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee, celebrouse a cerimonia de entrega das Premios Fernando Blanco, organizados conxuntamente polo I.E.S. Fernando Blanco e pola Fundación Fernando Blanco de Lema, entidade, esta última, que conta co patrocinio do Concello de Cee e da empresa FerroAtlántica. Estes Premios, que xa van pola 3ª edición, foron creados co fin de recoñecer o esforzo e adicación dos alumnos deste emblemático centro educativo, ademáis de recuperar unha tradición centenaria da propia Fundación.

Entregáronse un total de 5 Premios ós mellores expedientes académicos de 3º da E.S.O., 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico, 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Módulo II de Educación para Adultos., correspondentes ó curso 2013-2014.

Os agraciados foron:

  • María Villar Piñeiro (3º da E.S.O, cunha nota media de 9,25);
  • Raquel Canosa Pequeño (1º Bacharelato, cunha nota media de 9,60);
  • Fermín Pérez Cundíns (1º Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico, cunha nota media de 9,40);
  • Estrella Santamaría Vázquez (1º Ciclo Superior, cunha nota media de 10);
  • Ángel Manuel del Río Martínez (Módulo II de Educación para Adultos, cunha nota media de 8,75).

Cada un dos Premios está valorado en 512 € (200 € en metálico e 312 € en vales de compra), e son posibles grazas á colaboración da Estación de Servizo Bazarra, Librería Trazos, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel, Centro Comercial Finisterrae, Compucee, Hotel-Restaurante Praia de Quenxe, Grupo Insua, Roberto G. Rigaut S.L. e a Deputación Provincial da Coruña.

A gala, que estivo conducida polo Secretario da Fundación, Darío Areas, contou coas intervencións da Directora do Instituto e membro do Padroado da Fundación, Chelo Trillo, da Presidenta da Fundación Fernando Blanco e Alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, de Ángel Manuel del Río, en representación do alumnos/as premiados, e de Dª. Inés Ayala, ex – alumna da Fundación premiada no ano 1939.

Ao acto acudiron os membros do Padroado da Fundación Fernando Blanco de Lema, os titores dos alumnos premiados e o profesorado do IES Fernando Blanco, D. Carlos Oliete en representación de FerroAtlántica, representantes das casas colaboradoras, concelleiros e familiares dos alumnos premiados.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios