Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bazarra bota combustible solidario tamén no Instituto

Bazarra bota combustible solidario tamén no Instituto
Bazarra colabora co proxecto solidario do IES Agra Raices

Segue a E.S. Bazarra demostrando que fai da súa Responsabilidade Social Corporativa (RSC) unha bandeira. Unha das poucas empresas da zona que aposta por dinamizar o seu entorno apoiando empresas, colectivos e asociacións do eido do deporte (como Club Olimpia, o ACB Costa da Morte ou o UC Cee, pasando pola peña moteira Rachando o vento), da cultura (como o Museo Fernando Blanco ou Leo KCh) e agora como o ensino.

Onte facían público o convenio co IES Agra Raíces, para promover ademais valores de solidariedade, pois van a apoiar o proxecto Agra Solidario. E precisamente dende Bazarra reflexionan sobre a importancia de “Educar en solidariedade”: A idade dos alumnos do IES Agra de Raíces fai que estean nun momento de gran relevancia para a educación en valores. É un momento critico na súa formación no que lle toca elixir o seu destino profesional. Pero, a esa idade, tamén están elixindo o camiño que tomarán no seu rol como cidadáns.

Neste caso, a nosa colaboración é económica e destínase a varias actividades:

  • Rastro solidario coa entrega de vales de desconto e produtos para poder poñer á venda no mercadillo.
  • Deporte solidario: axuda económica para a realización de diferentes actividades deportivas e a organización da Gala Deporte Solitario.
  • Incentivos aos mellores expedientes académicos: axudas económicas para aqueles alumnos que destaquen nos seus resultados académicos.

Novas relacionadas

Comentarios