Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os alumnos despiden o mes da fundación

Os alumnos despiden o mes da fundación
A compañía Duende Saco encargouse do espectáculo infantil A compañía Duende Saco encargouse do espectáculo infantil Onte tivo lugar a última das actividades escolares que se enmarcaban dentro do programa educativo-cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2015″ organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee. Na sesión participaron alumnos e alumnas da bisbarra Na sesión participaron alumnos e alumnas da bisbarra Fixérono cunha sesión de contacontos da man da compañía Duende Sico que tivo lugar na casa da Cultura de Cee e á que asistiron alumnos e alumnas de Infantil e 1º Ciclo de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial, C.E.I.P. A Igrexa de Brens e E.E.I. de Pereiriña e usuarios de Aspadex. Os asistentes disfrutaron dunha divertida xornada Os asistentes disfrutaron dunha divertida xornada O programa remata este sábado, 31 de outubro, cun concerto didáctico a cargo de Pablo Carpintero (investigador musical). "Os instrumentos musicais na tradición galega" será as 20:30 horas na casa da Cultura de Cee. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios