Os alumn@s do Eugenio, solidarios con Costa de Marfil
Completa o ciclo a ONG Egueire dos seus proxectos. Desta volta segue traballando no proxecto da escola agrícola para Costa de Marfil, para a que tamén se formaron na bisbarra dous estudantes marfileños. Pero ademais de coñecemento fan falta cartos, e diso se encargaron os pequenos do ciclo de Infantil do CEIP Eugenio López, que organizou un mercadillo solidario a primeiros de xuño.
Un mercadillo que vendiu botes da calma, pulseiras, pinzas, kits de prantas, lapiceiros, xogos ... e demais cousas feitas na sua totalidade polos rapaces o longo de todo o presente curso, e postos a venda para os demais alumnos do colexio e os pais e nais dos mesmos.
O mercadillo leva xa 3 cursos en marcha e nel non existen prezos senón que son os propios compradores os que deixan o que ven convinte.
E despois de facer contas, o pasado xoves 14 de xuño, os alumnos facía entrega do 800€ recadados ao presidente de Egueire ONG, Padre Desire.
A satisfaccion da entidade é análoga a do centro, que se mostra moi satisfeito porque serve ademais para que os alumnos coñezan Costa de Marfil e a realidade do país africano.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/cesar-e-joseph-diplomados-de-producion-agriopecuaria-no-efa-fonteboa-para-desenvolver-costa-de-marfil/- As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC.
- Febreiro 18: 170 persoas disfrutaron do cocido solidario de Egueire axudando aos seus proxectos.
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Novembro 17 A experiencia de Égueire en Costa de Marfil.
- Outubro 17: Egueire arrincará a celebración dos seus 10 anos coa inauguración da Maternidade en Costa de Marfil.
- Setembro 2017: A ONG Egueire envía material sanitario para o hospital de maternidade que constrúe en Nandibou.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])