Os autónomos poderán facer o seu agosto na Feiriña de Verán do CCF

04:42 21/07/17

O Centro Comercial Finisterrae de Cee celebra este mes de agosto unha Feiriña de Verán, na que quere que participen todos aqueles autómon@s que estean interesados. Será un bo xeito para comprobar canto se vende no centro económico da bisbarra, alugando un espazo ao teu gusto a custo mínimo, mesmo coa posibilidade de contratar un vendedor/a ou alugando a comisión das endas.
Hai só 250m2 dos 5.200 que ten o centro polo que cómpre darse presa. O único requisito é que non pode ser competencia dos comerciantes que están todo o ano. Pero calquera que teña un posto de artesanía, agasallos, stands promocionais, decoración, menaxe fogar, outlet de moda, souvenirs e productos da nosa terra... Poderán animarse.
Podes informarte no 670 035 730.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).