Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os cativos ceenses subiránse este sábado á caravana Galego de cine para filmar contos

Os cativos ceenses subiránse este sábado á caravana Galego de cine para filmar contos

O Concello de Cee, a través do programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acollerá o vindeiro sábado 29 de setembro ás 17:00 na Praza 8 de marzo a actividade Galego de cine.

A actividade, que chega ata Cee xa que o Concello pertence á Rede de Concellos adheridos á Secretaría Xeral, consiste na proxección de curtas de animación en galego nunha pequena caravana para nenos e nenas de 6 a 12 anos. <

Rede de Dinamización Lingüística

Rede Dinamizacion Linguistica Secretaria Xeral Politica Linguistica da Xunta de Galicia

9 Concellos están adheridos a día de hoxe á Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Unha Rede creada para falicitar a expansión de propostas educativas e culturais vencelladas a lingua por todo o país.

O propio Secretario Valentín García comentábanos que nestes tempos "tecer unha Rede é o único xeito de compartir cultura", e de aí que a Secretaría queira animar a todos os concellos do país a formar parte da mesma.

Por agora, programas da Rede como o Titerehop ou a Caravana Galego de Cine xa pasou por Concellos adheridos como Fisterra ou Muros, e permite outras propostas como a proxección de filmes de produción galega como Vilamor

A día de hoxe estes son os concellos da Costa da Morte na Rede: Cabana, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muros, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas; ademais doutras entidades como a Mancomunidade de Fisterra ou a Fundación Eduardo Pondal.

br/>Estes terán ocasión de participar, posteriormente, nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no seu achegamento ao cinema na nosa lingua. Os resultados deste traballo poden verse na canle de Youtube Galego de Cine. Ao igual que no mes de maio, esta actividade correrá a cargo da compañía Mr. Misto Films, S.L.

Aquí vos deixamos cunha mostra, realizada ben pretiño, en Fisterra:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios