Os Debuxos da Fundación

08:15 12/07/17
Unha vez coñecidos os gañadores e gañadoras do Concurso de Relatos e do Concurso de Debuxos da Fundación Fernando Blanco de Cee, QPC publicará os traballos gañadores coa colaboración do coordinador do museo e secretario da Fundación, Darío Areas.
Hoxe comezamos cos debuxos premiados na Categoría A (1º e 2º de Primaria) do IV Concurso de Debuxos da Fundación Fernando Blanco de Lema, que contan coa colaboración da Deputación da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra.
1º Premio
Pablo Alejandro Pérez de Oliveira, do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, obtivo o primeiro premio desta categoría co seu debuxo "Sons da terra e do mar". O premio consiste en material didáctico valorado en 50 € e diploma. Recolleu o premio o seu pai.
2º Premio
"O noso faro", debuxado por Jonathan López Pérez, do CEIP O Areal de Camariñas, foi o gañador do 2º premio dotado por material didáctico valorado en 40 € e diploma.
3º Premio
O terceiro premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 30 € e máis diploma, foi para Lucía Caamaño Crespón, do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, polo seu debuxo "Praia de Quenxe".
Novas relacionadas



- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
- Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco
- A Fundación Fernando Blanco convoca os concursos de Relatos e Debuxos sobre a Costa
- A Biblioteca Francisco Mayán celebra 20 anos de certames literarios.
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
Novas relacionadas
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (VI).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (V).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (IV)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (III)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I)
- 2016: Os Debuxos da Fundación (II)
- 2016: Os Debuxos da Fundación
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fundación Fernando Blanco