Os medallistas galegos, un bo Espello onde a mocidade da Costa pode fixarse
Trilpe visita de medallistas galegos ás vilas da Costa da Morte. A regatista Sofía Toro e o tirador Juan Antonio Saavedra visitaron as vilas de Corcubión, Muxía e Cee para que os alumnos dos centros de ensino puidesen mirarse nun bo espello. E de aí o nome do proxecto, Espello Deportivo, proposta da Rede de Dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación e os concellos adheridos á mesma para achegar a lingua galega aos máis novos a través da excelencia no deporte.
"Cundiron as súas experiencias" contábannos algún dos alumnso asistentes polo tuiter, i é que ter a ocasión de preguntarlle calquera cousa a unha campiona olímpica, e en galego, non se ten tódolos días.
Visita en Muxía
O venres estivo en Muxía a campiona olímpica de vela Sofía Toro. Nun acto que abriu o alcalde Félix Porto e que presentou o actor Rubén Riós, que é o coordinador do programa. Tras ver un vídeo sobre Sofía Toro, o público asistente, maioritariamente alumnos e alumnas do IES Ramón Caamaño, puideron facer preguntas á campiona olímpica. Unhas preguntas máis enfocadas á súa vida persoal, a como é ela na súa vida real, que na competición, i é que sempre nos preguntamos que fará unha campiona cando volve a casa.
Logo do encontro con Sofía Toro, o Concello de Muxía aproveitou para inaugurar a mostra de fotografía sobre as mulleres no deporte, cedida pola Asociaicón MUDEGA, a iniciativa da muxiá Mercedes Barrientos, presidenta da Federación Galega de Taekwondo.
Visita en Corcubión
Pero antes de Muxía, a coruñesa estivo o xoves en Corcubión, cos pequenos do CEIP Praia de Quenxe. Durante unha hora e media os asistentes ao acto puideron achegarse á vida profesional e persoal da deportista, presentado e moderado polo actor e director galego Rubén Riós.
Doble visita a Cee
En Cee, no acto central do proxecto na zona, moitos nenos e nenas estiveron encantados de falar cos medallistas olímpicos, Sofía Toro e Juan Antonio Saavedra, que relataron a súa experiencia nas olimpíadas de Londres e asinaron numeros autógrafos ao rematar a actividade.
Máis información
Toda a información sobre ‘Espello deportivo’ está dispoñible no web www.xunta.es/linguagalega/espello_deportivo.
Novas relacionadas
- “Estes medallistas galegos son o espello onde se pode fixar a xuventude”.
- Martín Varela abre a tempada gañando o VII Open de Marbella e xa pensa na Copa do Mundo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).