Luns. 01.06.2020
El tiempo

Os peques do Eugenio López aprenden a salvar vidas

Os peques do Eugenio López aprenden a salvar vidas
Xornada de prevencion de riscos cos peques -Foto-Rafa Quintans Xornada de prevencion de riscos cos peques -Foto-Rafa Quintáns

Volveron os membros do 061 Urxencias Sanitarias polas escolas de Cee. Noemadamente foi Juanma Trikllo o que se achegou ao CEIP Eugenio López invitado pola ANPA Uxío, para facer unha xornada de RCP (reanimación cardiopulmonar), cos nenos e nenas de infantil e primaria.

Unhas sesións que comezaron este luns cos máis pequenos, os de infantil, que foron cargados cos seus peluches para facerlle os exercicios.

Ademais, tamén se fixo unha xornada de utilización do DESA, odesfibrilador conseguido a través do Proxecto Salvavidas coa venta das “pulseiras salvavidas” durante o curso pasado.

As visitas continúan cos de Primaria este martes e mércores.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-xornada-de-convivencia-e-seguridade-cos-peques-de-brens/ https://quepasanacosta.gal/os-alumns-do-eugenio-solidarios-con-costa-de-marfil/

comentarios