Xoves. 06.10.2022
El tiempo

Os poemas da igualdade dos alumnos de Cee e Baio

Os poemas da igualdade dos alumnos de Cee e Baio

O Concello de Cee acollía esta tarde de mércores a entrega de premios do V Certame de poesía: “Mulleres do Noso Tempo”. Uns premios repartidos entre alumnos de Baio e de Cee, que foron entregados pola Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego Mª Isabel Fernández Durán, que agradeciu aos centros escolares CEIP Eugenio López de Cee e IES Maximino Romero Lema de Baio a súa participación e implicación nun tema tan importante como é a igualdade entre as persoas.

Recordou que este é o 5º ano que se ven celebrando este certame e que cada ano ten máis éxito de participación e que espera que esta xeneración de xóvenes sigan participando.

Ademais, en QPC temos a ocasión de publicar os poemas vencedores:

1º Premio: “As mulleres de hoxe en día” de Silvia Castro García

As mulleres de hoxe en día
son como as de antes.
Nacen chorando
crecen rindo
envellecen bailando.

Son mulleres fortes
hábiles e audaces
emprendedoras....
e sobre todo madres.

Cando son xovenes
o sol está a carón do ceo
pero cando eres vello
as enrrugas van crecendo
co desengano do tempo.

As mulleres de hoxe en día
sempre están a traballar
cando chegan a casa
sempre están a o carón do lar.

As mulleres de hoxe en día
sempre están a traballar
mentres ca os homes cando chegan
sentanse no sofá.

2º premio: “Erguereime” de Dario Miranda Pastoriza

Poderei escribir na historia
coas túas rnentiras amargas e retorcidas
poderei arrastranne no lixo mesmo
e coma o po me levantarei
desconcertaches a miña insolencia?
acósache a miña melancolía?
aínda que camiñe sobre pozos de petróleo
bombeando no meu interior,
igual que a lúa e o sol
coa certeza das mareas
coa esperanza que alto voa
aínda así me levantarei
dende un pasado na vergoña histórica
duns cubertos enraizados na dor
nun océano negro, impetuoso e extenso
aínda así me levantarei
deixando noites de espanto e medo
co talento dos meus devanceiros
e o soñe a esperanza do escravo
aínda así me levantarei.

3º Premio: Se os seus ollos…” de Carme Ayala Lago

Se os seus ollos foran o ceo
e a súa face fora o mar
o ceo estaría sempre chuvioso
e derramaría bágoas de cristal,
o mar vermello der sangre
e mazaduras estaría,
o mar vermello de sangre,
mazaduras e feridas.

Se os puños do home foran o campo
e o seu pensamento a tormenta
o campo estaría sempre manchado
de sangue con olor a menta.
A torrnenta fóra non estoupaba
dentro da casa só o facía
dentro da casa da pobre muller
que pouco a pouco e en silencio morria.

Se os seus ollos foran o ceo
e a súa face fóra o mar
o mar sería vermello
e choverían bágoas de cristal.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

comentarios