Un Curruncho Cultural de libre expresión "barística"

09:25 22/03/12

Fermosa iniciativa a que acaba de comezar a Taberna O Rodelo, situada na Rúa da Pena en Cee. A taberna acaba de abrir o seu curruncho cultural que leva o título "Imaxes e Verbas".
Imaxes e Verbas é un espazo de expresión artística, composto por textos de escritores da Costa da Morte e debuxos e pinturas de artistas locais. Así, mes a mes, a taberna irá achegando diferentes textos e debuxos de artistas da Costa da Morte, como un espazo libre de expresión "barística".
Esta semana inaugúrase este espazo de creación, cun texto do escritor ceense Suso Bahamonde e unhas pinturas do artista, tamén de Cee, Xoanxo Cespón.
Proximamente outro escritor e outro artista darán relevo con novas creacións.
Novas relacionadas
- 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil.
- Muxía dá voz ás Silenciadas.
- Unha viaxe, en formato Dogma, á loita do metal con The Gone&Lost.
- Talía Teatro, Víctor Mosqueira e María Lado nominados para os María Casares.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).