Os Reis Magos puideron coa choiva e esparciron regalos por toda a Costa
Os Reis carballeses escoitaron as peticións de todos os cativos
Finalmente puideron chegar a todas as casas da Costa da Morte as súa Maxestades os reis Magos. Unha das citas máis esperadas por todos os cativos, que ateigaron as rúas de cada vila a pesar do mal tempo. Alí estaban todos preparados para saudalos e recordarlles encarguiños de última hora.
Facemos un repaso completo pola bisbarra, concello a concello, rei a rei.
Os máis madrugadores, por Vimianzo
Os Reis en Vimianzo
Ao mediodía de onte, xa tiñan percorridas todas as parroquias de Vimianzo, para xa pola tarde encher de ilusión, e dos Cantos de Reis dos alumnos das escolas de pandeireta e gaita, o ateigado Auditorio da Casa da Cultura. Non faltou o Apalpador e o Carteiro Real.
Contra a sairaba, maxia en Malpica
As Carrozas de Malpica eran máxicas
Tres cabalgatas percorreron todas as parroquias do concello malpica a pesar do mal tempo. A visita de Melchor, Gaspar e Baltasar rematou en Malpica, onde as Súas Maxestades foron recibidas con fogos artificiais e saudaron dende o balcón da Casa do Pescador ás centenares de persoas que agardaban a súa chegada.
A praza de Malpica ateigada para escoitar aos Reis Magos dende o balcón
A cabalo en Mazaricos
Os Reis chegaron a cabalo a Mazaricos
As súas maxestades chegaron a Mazaricos da man dos Cabaleiros da Fervenza. Quedaron os peques mazaricáns tremendamente sorprendidos e encantados.
En Carballo
As carrozas carballesas
Cantas peticións recibiron os Reis dos cativos carballeses. Escoitaron a todos, e tamén aos pastorcillos, que escoltaron ás súas maxestades para que estiveran como en casa.
Os pastorcillos de Carballo
Menudas carrozas en Santa Comba
As carrozas de Santa Comba
Como luciron as carrozas xalleiras. Non foi o tempo suficiente inimigo para deixalas a cuberto, e puideron percorrer as rúas antes da festa final no edificio de servizos múltiples, onde non faltou nin un só neno de todo o concello para disfrutar da actuación do belén vivente.
O Belen vivente de Santa Comba encheu o edificio de Servizos Múltiples
Percorreron todos os recantos de Cee
Os Reis na Escolina de Cee
Non faltaron os Reis Magos pola vila da Xunqueira. Comezaron a ruta pola Escoliña de Cee onde os máis peques aínda non sabían demasiado como reaccionar ante semellante visita.
Estiveron tamén na Alameda escoitando as peticións de todos os pequenos, e despois se puxeron a cuberto no Centro Comercial Finisterrae. E por certo, os nenos que se sacaron fotos cos Reis no Centro Comercial poderán recollelas de balde en Foto Fuentes.
Os Reis Magos no Centro Comercial Finisterrae
Ilusión en Cee coa visita dos Reis-Foto-Rafa Quintáns
Os Reis da Xunqueira
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).