Os Relatos da Fundación: A perdición galega

08:45 19/07/17
Despois de ver as dúas tandas de debuxos premiados pola Fundación Fernando Blanco, tócanos ir coñecendos os Relatos curtosgañadores. E comezamos polo 3º Premio da Categoría A Relatos (5º e 6º Primaria), que gañou Marina Calo Bujeiro (CEIP Eugenio López de Cee) con este “A perdición galega”:
Marina Calo Bujeiro
Non hai moito tempo, Suso, meu avó, contoume unha historia. Unha historia sobre a Costa da Morte.
Cando era mozo tiña un carácter aventureiro. Vivía nunha aldea de Ourense cos seus pais, e un día colleu s poucas pesetas que posuía e marchou na procura dos seus soños. Quería coñecer o mar, soñaba con barcos surcando os mares e gaivotas voando sobre a súa cabeza.
Grazas á boa vontade das xentes que foi atopando polo camiño conseguiu chegar á mística Fin da Terra.
Instalouse en Fisterra, na casa dunha muller, Carme, tan boa coma ambiciosa. Era unha afamada costureira que facía vestidos para as rapazas máis privilexiadas e traxes de festa para os mariñeiros máis podentes. Malia gañar moitos cartos, acollía na súa casa descoñecidos a cambio dunhas moedas.
Suso era un rapaz educado que trataba de axudar no que podía. Carme veu nel ao fillo que nunca tivera, e “adoptouno”. Presentoullo aos amigos, levouno coa súa familia á festa do Santo Cristo, foron a San Xoán de Sardiñeiro, viron iluminada a fervenza do Ézaro, abalaron a Pedra da Barca ... Contoulle centos de lendas sobre a Costa, visitaron Cee, Corcubión, Camariñas, chegaron ao Cemiterio dos Ingleses ...
Pero os días pasaban de troula e o avó estaba a piques de rematar os cartos.
Xosé, o marido de Carme, era carpinteiro de ribeira, e propúxolle traballar con el. Precisaba un axudante, e o avó, un traballo.
Grazas á súa destreza, en pouco tempo, dominou un oficio que se estaba a perder. Comezou con encargos dos coñecidos, e axiña a súa sona aumentou de tal maneira que che chegaban pedidos de toda Galicia.

Suso xa era un home feito e dereito, totalmente sentado en Fisterra. Unha tarde, ao serán, foi dar unha volta ata o Faro. Sentouse nunha rocha ollando o mar cando de súpeto veuse envolto nunha bandada de gaivotas que parecían querer dicirlle algo. Ata que se dispersaron non veu a un ser estraño que estaba entre elas. Era negro, grande, tiña a silueta dunha gaivota, e semellaba moi anoxado. Apostouse diante del e anuncioulle que a perdición estaba cada vez máis próxima e desapareceu.
(A día de hoxe aínda non sei se o avó inventou isto para sorprenderme, ou se antes de subir ao Faro pasara pola Taberna do Torto).
Cando se repuxo do susto, botou a corre camiño abaixo todo o que lle permitían as pernas. Foi dereito a contarllo a Carme. a boa muller pensou que toleara e mandouno a durmir.
Segundo o avó, pasaran exactamente dous día e dúas noites, cando a costureira foi á praia. A marea estaba subindo e acariñáballe os pés. A auga arrastraba cara a area cunchas, algas, e con elas ... unha botella de vidro cunha mensaxe escrita en papel de cor negro. Con curiosidade sacou o papel.
“Estades preto da perdición”.
Carme, asustada, foi pra a casa. Agora cría a Suso. Era o 19 de novembro do 2002.
As galegas mareas de augas cristalinas convertéronse en mareas negras. A perdición d que falara aquel ser era certa.
A xente choraba vendo como se arruinaba o seu medio de vida. Os animais afogaban no chapapote ...
O avó contoume que aquela imaxe foi a peor da súa vida.
Pero daquela desoladora situación saíu algo positivo: unha marea de voluntarios que de xeito altruísta contribuíron a recuperar a nosa terra.
Por certo, unha daquelas voluntarias era Maruxa, a miña avoa.
A consecuencia da catástrofe do Prestige tomáronse unha serie de medidas para evitar que accidentes dese tipo volveran producirse.
Chámome Sabela, estamos no ano 2030, e dende a fiestra da miña habitación podo ver o nos mar limpo e cheo de vida.
”A perdición galega”, de Marina Calo Bujeiro

- Marina Calo Bujeiro (CEIP Eugenio López de Cee). 3º premio a Categoría A Relatos (5º e 6º Primaria) do V Concurso de Relatos Curtos da Fundación Fernando Blanco.
Gañadores dos Premios Fernando Blanco
- Os Debuxos da Fundación (II).
- Os Debuxos da Fundación.
- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
Novas relacionadas
- Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco
- A Fundación Fernando Blanco convoca os concursos de Relatos e Debuxos sobre a Costa
- A Biblioteca Francisco Mayán celebra 20 anos de certames literarios.
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
Novas relacionadas
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (VI).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (V).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (IV)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (III)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I)
- 2016: Os Debuxos da Fundación (II)
- 2016: Os Debuxos da Fundación
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fundación Fernando Blanco