Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (V)
08:15 18/08/16
Andrea Castreje Canosa é a gañadora do 2º premio da categoría B do Concurso de Relatos da Fundación
Andrea Castreje Canosa vén de recibir o segundo premio da categoría B (ESO) do IV Concurso de Relatos da Fundación coa súa obra "A fiestra do hospital".
Dous homes, seriamente enfermos, ocupaban a mesma habitación naquel hospital.
A un deles permitíanlle estar sentado unha hora, todas as tardes, para que os seus maltreitos pulmóns drenasen. A súa cama daba a única ventá da triste habitación.
O outro home tiña que estar deitado todo o tempo.
Os dous falaban moito; das súas mulleres, das súas casas, dos seus traballos, do servizo militar, de onde estiveran de vacacións,...
E todas as tardes, o home que se podía sentar enfronte da ventá, mataba o tempo describíndolle, con precisión cirúrxica, ao seu compañeiro, todo o que vía á través da oportuna xanela. Este, soamente vivía por e para aqueles íntimos momentos nos que o seu mundo se enchía do rebumbio e da cor do mundo exterior.
A ventá daba a un parque cun bonito lago. Patos e cisnes xogaban na auga mentres os rapaces capitaneaban os seus barcos teledirixidos. Xoves amantes, collidos da man, paseaban entre flores coas cores do arco davella. Grandes e ancestrais árbores embelecían a paisaxe, e unha fina liñado ceo podíase ver ao lonxe, altiva, sobre a cidade.
Mentres o home da ventá describía todo isto minuciosamente, o home do outro lado da habitación pechaba os ollos e imaxinaba a pictórica escena.
Unha cálida tarde, o home da ventá foi quen de describir un desfile na rúa. Aínda que o seu compañeiro non podía escoitar a banda de música, imaxinábaa, segundo o outro lle ía narrando o festivo acontecemento.
Os días e as semanas pasaron.
Unha mañá, a enfermeira atopou o corpo sen vida do home do lado da ventá. Morrera tranquilamente mentres durmía. Triste, chamou ao doutor. Había que levantar o corpo. O outro home preguntou se se podía trasladar ao lado da ventá. A enfermeira aceptou, e depois de asegurarse de que o home estaba cómodo, deixouno só.
Lentamente, dolorosamente, apoiouse sobre un cóbado para botar a súa primeira ollada ao que presumía fora daquela fiestra. Á fin podería ver todo cos seus propios ollos. De xeito furtivo, retorceuse lentamente para mirar cara fora daquela ventá que estaba alí, ao lado da súa cama. Daba a un ... enorme muro branco!.
Naquel ficticio mundo exterior que lle contara a diario o seu defunto compañeiro acababa de atopar o verdadeiro valor da amizade.
Novas relacionadas
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (IV)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (III)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I)
- 2016: Os Debuxos da Fundación (II)
- 2016: Os Debuxos da Fundación
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
Máis novas
- QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fundación Fernando Blanco