Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais

Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
Fabrica de Ferroatlantica en Cee Fábrica de Ferroatlantica en Cee

A sección sindical da CIG en Ferrotlántica Cee-Dumbría-CH trasladaba esta semana ao BNG local a súa “preocupación e incerteza” sobre o futuro das fábricas de ferroaleacións. Sinalan dende a CIG que “unha vez que a empresa insiste pola vía dos feitos, en dar pasos en camiñados a segregar as actividades de produción de enerxía eléctrica das ferroaleacións”.

Falan da “posta en marcha da subestación de Regolle, que permitiría a suministración directa á rede eléctrica da centrais e minicentrais novas ou que a xestión administrativa das mesmas se leve dende Madrid”.

A CIG denunciou tamén “os incumprimentos de inversión comprometidos no sector das ferroaleacións para a potenciación das factorias e creación de emprego nesta comarca, e polo contra realizadas noutras partes do mundo (Venezuela, China, Canada, Suráfrica)”. E dende o BNG lembran que “no 2013 presentou iniciativas parlamentarias relacionadas a construción de novas centrais e sobre o impacto medioambiental e as consecuencias coas fábricas de ferroaleacións”.

Por todo isto, o BNG volveu presentar onte no parlamento novas iniciativas lembrando que “o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e o Tribunal Supremo xa fallaron en contra da intención da empresa Ferroatlántica de segregar a produción de enerxía eléctrica e de ferroaleacións e polo tanto que se adopten as medidas para evitalo, así como exixir a Ferroatlántica o cumprimento dos seus compromisos de inversión, garantindo o incremento da actividade productiva e dos postos de traballo na nosa comarca”.

Fonte

  • BNG de Cee.

Comentarios