Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión


Continúa a deputada de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, de ruta por Galicia facendo reunións cos técnicos municipais de Servizos Sociais. Despois das citas en Bergantiños e Muros, onte houbo reunión de traballo en Fisterra, onde participaron Persoal técnico dos concellos de Fisterra, Corcubión, Cee e Muxía, representantes de Aspadex e o Fogar Residencial Nosa Señora do Carme, trasladaron os principais problemas de cara á elaboración do Plan de Acción de Servizos Sociais.
Na xuntanza, avaliouse de maneira especial o funcionamento do Servizo de Atención no Fogar para o que a Deputación da Coruña incrementou sensiblemente o orzamento. Os técnicos fixeron constar a necesidade de novos equipamentos públicos, de maneira especial centros de día para persoas maiores e en especial referíronse ao edificio restaurado e habilitado en Corcubión para este fin que continúa sen estar operativo despois de máis de 8 anos de obras.