Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Os "traizoados" do PP de Cee ofrécense a un Ciudadanos que escollerá o seu candidato por Primarias

Os "traizoados" do PP de Cee ofrécense a un Ciudadanos que escollerá o seu candidato por Primarias
Placido Garcia Insua encabeza Ciudadanos Cee nas Eleccions 2015 Imaxe da candidatura de Ciudadanos para as eleccións de 2015 Un 35 afiliados que marcharon de Cee, e outra ducia de aínda militantes populares, mantiñan onte unha reunión. Unha xuntanza na que decidiron "ofrecerse" a Ciudadanos. "Por agora contactamos coa Provincial de Ciudadanos a ver se os aceptan", coméntanos un dos voceiro Manuel Soto. Un Ciudadanos comandado por Plácido Castro, que vén de fichar a Álvaro do Montañés como número 2, pero que nada sabe aínda deste movemento. "Eu quedei sorprendido coa nova, eu creo que o primeiro era sentarse a falar, antes de sacar nada á prensa". Soto explica que "espera que a Provincial nos acepten, para xuntarnos con Plácido e falar. Non hai problema ningún porque vai creo que vai "primarias" para escoller o candidato, porque nós tamén temos algún candidato, 3 ou 4 persoas que son perfectamente alcaldables", explica Soto. Unha das que tamén participou na reunión foi a ex alcaldesa e voceira do PP, Zaira Rodríguez, pero parece que a aínda militante do PP, non está disposta a afrontar un hipotético liderazgo de Ciudadanos. "Xa estabamos queimados agora estamos máis queimados todavía despois das palabras de Diego Calvo", sinala Soto Domínguez despois dunha entrevista do presidente provincial dos populares na Voz. "Arrinconárona moito, demasiado, son uns impresentables", valora Soto Domínguez.

Primarias: "Non hai candidato pechado"

O Secretario de organización de Ciudadanos Galicia, Laureano Bermejo, bo coñecedor da situación en Cee, explícanos que neste momento "Ciudadanos está ampliando a súa presencia en todo o estado, e tamén en Cee. Estamos sendo un partido receptor de xentes que saen doutros partidos ou de xente que non tivo vinculación política anterior, e os aceptamos de bo grado sempre que abracen os postulados do partido". "En todo caso, non solemos ser nós os que andamos chamando ás portas da xente", matiza, "xa que dada a boa situación que temos nestes momentos, somos un proxecto atraínte, e estamos sendo un importante un foco de atracción de novas xentes". De igual xeito, Bermejo expón que "no momento no que somos receptores duns novos posibles militantes, todos son libres de presentarse a unhas listas. Pero hoxe por hoxe non estamos nese momento. Hoxe non é o momento de falar de posibles candidatos. A día de hoxe non están establecidos os cabezas de lista, nin en Cee nin en ningures". Nese sentido Bermejo deixa claro que "as listas electorais as prepararemos de aquí ao finais de ano", e explica que se farán a través dun "proceso de Primarias, segundo establece o noso regulamento". Aproveitou Bermejo para deixar recado no Partido Popular. "Non sei cantos, a verdade, pero é normal que a xente estea saíndo así, porque o xeito de traballar noso é completamente distinto".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/ciudadanos-cee-ficha-a-alvaro-do-montanes/ https://quepasanacosta.gal/novo-cruce-de-declaracions-entre-a-xestora-e-os-militantes-traizoados-do-pp-de-cee/

Comentarios