Os "traizoados" do PP de Cee ofrécense a un Ciudadanos que escollerá o seu candidato por Primarias
08:26 30/05/18
Imaxe da candidatura de Ciudadanos para as eleccións de 2015
Un 35 afiliados que marcharon de Cee, e outra ducia de aínda militantes populares, mantiñan onte unha reunión. Unha xuntanza na que decidiron "ofrecerse" a Ciudadanos. "Por agora contactamos coa Provincial de Ciudadanos a ver se os aceptan", coméntanos un dos voceiro Manuel Soto.
Un Ciudadanos comandado por Plácido Castro, que vén de fichar a Álvaro do Montañés como número 2, pero que nada sabe aínda deste movemento. "Eu quedei sorprendido coa nova, eu creo que o primeiro era sentarse a falar, antes de sacar nada á prensa".
Soto explica que "espera que a Provincial nos acepten, para xuntarnos con Plácido e falar. Non hai problema ningún porque vai creo que vai "primarias" para escoller o candidato, porque nós tamén temos algún candidato, 3 ou 4 persoas que son perfectamente alcaldables", explica Soto.
Unha das que tamén participou na reunión foi a ex alcaldesa e voceira do PP, Zaira Rodríguez, pero parece que a aínda militante do PP, non está disposta a afrontar un hipotético liderazgo de Ciudadanos. "Xa estabamos queimados agora estamos máis queimados todavía despois das palabras de Diego Calvo", sinala Soto Domínguez despois dunha entrevista do presidente provincial dos populares na Voz. "Arrinconárona moito, demasiado, son uns impresentables", valora Soto Domínguez.