Os usuarios do Centro Social de Cee convírtense en artistas
07:31 01/06/16
Exposición do Centro Social na Casa da Cultura de Cee
Despois de facer o curso de pintura, impartido por Ines Silvade, licenciada en Belas Artes, os usuarios do Centro Social de Cee xa son uns verdadeiros artistas. Así o podemos comprobar xa no primeiro andar da Casa de Cultura, onde xa está aberta a exposición de pintura óleoos traballos foron feitos no curso organizado polo Centro Social e subvencionado pola Deputación de A Coruña.
As obras expostas son dun total de 13 alumnos/as que participaron no curso que tivo unha duración outubro a maio. A exposición permanecerá aberta ao público desde o mércores día 1 ata o día 17 de xuño, en horario de mañá e tarde.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).