xoves. 08.05.2025
El tiempo

Outubro é o Mes da Fundación Fernando Blanco

Outubro é o Mes da Fundación Fernando Blanco
O mes da Fundacion Fernando Blanco Outubro 2017

Outubro é tempo de actividade cultural nas fundacións da bisbarra. Coñecendo xa o programa do Simposio Pondaliano, polo sur, a Fundación Fernando Blanco presenta xa o ambicioso Programa Educativo-Cultura “O mes da Fundación”, que xa vai pola 5ª edición. I é que Outubro é un mes especial para a nosa entidade, pois en outubro de 1796 naceu D. Fernando Blanco de Lema, e en outubro de 1886 inaugurouse o Instituto Fernando Blanco.

Como sempre será un dobre programa paralelo de actividades para os colexios do noso concello e para o público en xeral. O programa para o público en xeral desenvolverase os 4 sábados do vindeiro mes de outubro.

Nas catro edicións anteriores pasaron polo noso programa figuras de primeiro nivel, xa non só a nivel autonómico ou nacional, senón tamén a nivel internacional (Ángel Carracedo, Xosé Neira Vilas, Francisco Blanco, Alfonso Mariño, Xabier Díaz, Davide Salvado, Quco Cadaval, Cándido Pazó, etc).
Este ano pasarán polr Cee xentes como a científica María Mercedes Álvares Lires, o artista Anxo Pintos, o biólogo Carlos Spuch ou a Compañía de Teatro Butacazero.

Polos centros escolares pasarán a compartir as súas experiencias de primeira man o técnico de experiencias sanitarias Jesús Rey Ferreiro, os narradores Raquel Queizás, e Inacio Vilariño, a música de Simón Piñón e o teatro da Compañía Butacazero.

O programa está patrocinado polo Concello de Cee e por FerroAtlántica, e conta cola colaboración da Deputación da Coruña e dunha serie de establecementos comercias de Cee.

Novas relacionadas

Gañadores dos Premios Fernando Blanco

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios