P.E. Sembra: Os eólicos poñen sombra sobre a paisaxe e o Camiño de Cee, Dumbría e Fisterra
O novo impulso eólico na Costa da Morte provocará que non quede nin un só concello libre de eólicos. Cee e Fisterra eran os último pero o parque de Sembra, xa dan sombra nestes dous concellos así como no de Dumbría.
O Parque Eólico de Sembra é outro dos proxectos dependentes da aprobación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, pois supera os 50MW de potencia (son 67,2). Serán 12 os aeroxeradores situados por Volantis Renovables nos nosos montes comarcais.
Avalación común
Opropio estudio presentado pola empresa promotora recoñece que nun entorno de 15 km respecto das instalacións previstas existen un total de 27 parques eólicos que acollen un total de 339 aeroxeneradores, así como 11 liñas de alta tensión que suman 112 km. De aí que sexa ridículo que non se faga un estudo de impacto ambiental conxunto.
Afectacion á paisaxe e ao Camiño
O BNG de Cee é o primeiro en facer saltar a alarma pola afectación á paisaxe e polo seu impacto crítico ao final do Camiño de Santiago. Veñen de presentar un documento de rexeitamento e varias mocións para intentar acadar a desaprobación do proxecgto así como unha moratoria eólica non só para este, senón para todos os proxectos do Ministerio, como de Monte Outeiro.
E poñen exemplos: “Unha das alternativas causaría unha afección moi grave ao seu paso polo Cruceiro da Armada (Cee), esnaquizando literalmente o entorno máis inmediato do Camiño Real polo que transcorre dende fai séculos a vía xacobea. Así como a 25 xacementos arqueolóxicos”.
O BNG considera ademais que pode existir unha incompatibilidade co heliport de Rubio, xa que os aeroxeradores 4, 5, 6 e 7 situaríanse a menos de 2000 m da pista de aterrizaxe.
Igualmente consideran que haberá unha afectación directa sobre “a poboación de lobo máis occidental de Europa”.