Pan de Raposo prepara as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Saída do pasado mércores con Pan de Raposo

A Casa da Cultura de Cee ponse de gala estes sábado 4 e domingo 5 de novembro para recibir as XXII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que este ano combinan coa LXI Semana Galega da Micoloxícas.

A Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo arrincaba o programa este mércores 1 de novembro cunha saída polos montes da contorna, para recoller as arredor de 200 especies que protagonizan a exposición.

PROGRAMA

A exposición de cogumelos (e de traballos escolares) e as súas visitas guiadas (ás 12:00h) serán o eixe das xornadas.
Pero tamén haberá varias charlas. O sábado 4 ás 17:30h, José María Costa Lago falará dos “Cogomelos do ques do Banquete de Conxo”; mentres que o domingo ás 17:30h, será o noso Jose Manuel Castro Marcote o que fale, máis tecnicamente, dos “Tricolomas”.

Ademais, non falta a arista gastronómica, e o sábado e o domingo haberá 4 haberá degustación de petiscos de cogomelos nos seguintes establecimentos: Hostal La Marina, Mesón As Viñas e O Rincón de May.

Máis actividades

Ademais, o vindeiro sábado 11 teñen outra actividade con motivo da XLI Semana Micolóxica Galega en colaboración ca Federación Galega de Micoloxía, o Concello de Cee , a Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco. Trátase dun completo Bioblitz, un evento que se centra en atopar e identificar tantas especies como sexa posible nunha zona concreta durante un curto período de tempo, con saída pola zona de Cambeda, comida en Cee, e visita.
Podedes apuntarvos a partir do luns escribindo, como sempre, a panderaposo@gmail.com.

OUTRAS CITAS MICOLÓXICAS

NOVAS RELACIONADAS

HISTÓRICO SOBRE AS XORNADAS MICOLÓXICAS DE CEE

 

ARTIGOS DE JOSÉ M. CASTRO MARCOTE EN QPC SOBRE MICOLOXÍA