Pan de Raposo volveu encher de cogumelos a Casa da Cultura de Cee

Novo éxito das 21º edición das Xornadas Micolóxicas Costa da Morte. A Asociación Pan de Raposo volvía encher de cogumelos a Casa da Cultura de Cee.
Coma sempre, as visitas guiadas das 12:30h pola exposición da man dos especialistas foron os momentos máis concorridos. Así e todo, ao longo da fin de semana foi un goteo continuo de xente entrando e botando un ollo ás preto de 200 especies que sempre xuntan.

Unha das novidades deste curso era a charla gastronómica a Brais Pichel Díaz, chef do Restaurante Terra, que falou dos sabores e as texturas dos cogumelos máis prezados e habituais. E a resposta foi fantástica, con abarrote total na sala.
Funcionaron ben tamén as sesións de pinchos dos establecimentos asociados ás xornadas, como foron o Hotel Larry, A Mariña, As Viñas, Café Bar o Rincón de May e Taberna mariñeira O Ribeiro, xa que o Mar de Crebas non puido abrir por unha avaría.

Exposición

Para completar a oferta cultural de Cee, o venres inaugurouse a exposición de fotografía do naronés Lucas Blanco “Gritos de Silencio, que recolle imaxes das dúas viaxes por mundos como Senegal, India, Ecuador ou o drama do pobo saharui. Nenos que falan coas súas caras e piden auxilio.
O horarios de visita (ata o 25 de novembro) é de luns a venres: de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas; e sábados e domingos pola tarde en función da programación do Auditorio.
Novas actuais
Xornadas de Pan de Raposo
- 2021: As Xornadas Micolóxicas de pan de Raposo, un espectáculo para os sentidos.
- Xornadas 2019: A Casa da Cultura de Cee volveu convertirse nun bosque galego polas Xornadas Micolóxicas.
- Xornadas 2018: “Pois si que tiñan gañas de saír, tanto a xente como os cogumelos”.
- Xornadas 2017: Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”.
- Xornadas 2016: Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono.
- Xornadas 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- 2012: Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.