Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Papanoelada Moteira invadirá as estradas de Cee, Corcubión, Dumbría e Vimianzo

Papanoelada Moteira Cee 2023
A Papanoelada Moteira invadirá as estradas de Cee, Corcubión, Dumbría e Vimianzo

Se esta pasada fin de semana invadiron a Coruña (eran máis de 1.500...) este vindeiro sábado 23 de decembro serán as estradas da Costa da Morte as que vivan a curiosa estampa dun pelotón de papanoeis montados en moto. O grupo de moteiros da comarca, formado por máis de 70 persoas, artella a Papanoelada Moteira Solidaria en Cee, e todo o recadado será para Serxio, un chico de Mesía que ten unha enfermidade rara, para que están investigando un novo tratamento

Andan a vender rifas, e pola tarde, no centro neurálxico situado na praza de Facenda de Cee, farán un mercadillo solidario. Estarán entidades como Paseniños, AECC... pero tamén artesáns da comarca como Son un toxo, Entelequia, Dami e Rudi, que fan cousas en madeira, e MuxiArte. E non faltarán os postos de comida.

O percorrido sairá ás 15:00h de Cee, pasando por Dumbría (con miniparada), e cunha para máis longa no mercado de Nadal de Vimianzo. A volta será ata Corcubión e volta á Facenda, a Cee, para facer os sorteos.

Papanoelada Moteira Cee 2023 carte

Comentarios