mércores. 30.04.2025
El tiempo

Pequenos e maiores seguen a descubrir os Tesouros da Fundación Fernando Blanco

Pequenos e maiores seguen a descubrir os Tesouros da Fundación Fernando Blanco

Nós xa temos descuberto un bo feixe de Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema da man do seu Coordinador Darío Areas. Pero os máis pequechos da zona aínda non os coñecían. Pouco a pouco estudiantes da vila da Xunqueira, así como outros da bisbarra e de toda Galicia, van achegándose ata Cee para coñecer as súas orixes. Máis que nunca, ademais, xa que no que vai de ano pasaron polo Museo Fernando Blanco un total de 24 visitas concertadas, cifra récord a estas alturas de ano.

Así, na mañán do venres 3 de xuño, un total de 65 alumnos de Infantil do Manuela Rial Mouzo de Cee, e 50 alumnos de 5º de Primaria do Barrié de la Maza de Santa Comba, visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema. Visitaron en primeiro lugar o Museo, onde recibiron a pertinente visita guiada por parte do persoal do centro. Como todos os grupos, viaxaron no tempo, e descubriron a importancia que para Cee e comarca tivo o fundador do Instituto e da Escola de Nenas, así como a labor desenvolvida pola Fundación o longo de tantos anos.

Como o tempo acompañaba, ambos grupos remataron a súa visita no recinto do IES Fernando Blanco, coñecendo parte das instalacións, así como o xardín botánico cheo de especies, onde algúns dos rapaces aproveitaron para saborear unha merecida merenda campestre.

Os xubilados tamén aprenden

O mércores 25 de maio, un total de 58 membros da Asociación de Xubilados de Telefónica da capital herculina visitaron o Museo. Foi para eles unha intensa xornada viaxeira pola Costa da Morte posto que visitaron a Igrexa de Santa María das Areas e o faro de Fisterra, o Museo Seno de Corcubión, a desembocadura do Xallas, e remataron tan axetreado día coñecendo a vila de Cee.

Este grupo, o número 22 dos que de forma concertada visitaron este ano o museo ceense, coñeceu a antiga Escola das Nenas e todo o que nela se expón, e remataron a visita no IES Fernando Blanco, onde quedaron maravillados da maxestuosidade do edificio e do seu fermoso xardín botánico, cheo de especies pouco comúns na nosa terra.

A eso das 8 da tarde emprenderon viaxe de volta hacia A Coruña, levando unha grata lembranza da riqueza da nosa Costa da Morte, prometendo voltar e contar o recomendable que é visitar esta terra.

Más información e reserva de visitas

Cómpre lembrar que para concertar visitas guiadas o Museo deben chamar ó número de teléfono: 981.74.72.21

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.

Comentarios