Peta Forte disfrutou dun domingo en familia
07:58 30/08/17
Reunion do grupo Peta Forte en Toba-Foto-Rafa Quintans
Levan unha marea de anos amenizando as festas de toda a volta. Unha das charangas máis auténticas da comarca de Fisterra, o Grupo Peta Forte, da Pereiriña, Cee, celebraba este pasado domingo unha cita moi especial nos muíños de Toba. Reunía a todos os integrantes, familiares e amigos para disfrutar dunha tarde chea de música, churrasco, bebida e típicos postres caseiros.
Non faltou a queimada, por suposto, que fixo arrancar as gaitas, tambores, pandeiretas, etc... para manter a troula ata ben entrada a noite.
Fotos de Rafa Quintáns
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).