Piden, por enésima vez, a instalación de desfibriladores nos recintos deportivos de Cee

Lembran que cada ano morren no estado español 25.000 persoas por morte súbita, case o 90% delas ocasionados por
un trastorno eléctrico do corazón chamado “fibrilación ventricular”. UNha situación para que os desfibrilador semiautomático (DESA) son claves.
O DESA analiza automáticamente o ritmo do corazón e, de identificar un ritmo de parada cardíaca tratable mediante a desfibrilación, recomenda unha descarga que debe realizarse pulsando un botón. Si pola contra o ritmo que detecta non é o recomendado para usalo, por exemplo un desmaio, o desfibrilador nunca permitirá esa descarga. O seu uso resulta moi sinxelo, xa que mesmo aparato vai guiando ao reanimador/a durante todo o proceso por medio de mensaxes de voz, dando as ordes paso a paso.
Calquera persoa pode usalo con simplemente ter superado un curso de formación específico, sen ser preciso ser un profesional da medicina. En todo caso, a adquisición require tamén un proceso de formación para os responsables dos recintos.
A petición coincide coa volta das actividades deportivas a centros como o campo de fútbol Sampaio de Refoxos e polideportivos de Cee e Brens.