Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Un novo pleno en Cee, de 4 minutos, e sen 8 dos seus 13 edís

Pleno telematico en Cee
O fugaz pleno foi telemático
Un novo pleno en Cee, de 4 minutos, e sen 8 dos seus 13 edís

Novo pleno o vivido o pasado venres no Concello de Cee, pero desta volta sen a presencia dos edís de PP (é certo que Antonio Domínguez leva un mes de baixa por problemas de saúde), IxCee e BNG (en protesta “pola deriva antidemocrática que se está a padecer desde que goberna Margarita Lema”) e axitado polos sucesos que lle aconteceron ao edil de Ciudadanos.

Todo nun pleno no que ata a propia alcaldesa Margarita Lamela utiliza as redes sociais para chamar “neno malcriado” e “egocéntrico” a outro edil como Ramón Vigo. O pleno foi telemático:

A problemática do pleno de xaneiro vén xa de 2018, coa polémica condonación dunha débeda a raíz da festas da Xunqueira durante o derradeiro mandato de Ramón Vigo. Un asunto que xa acabara con varios edís nos xulgados, polo que tanto BNG como PP se asesoraron xuridicamente, e decidiron non acodir no canto de presentarse e absterse. “Retomar temas pasados e solucionados non vai axudar a avanzar, nen a entenderse”, critica dende o BNG

O pleno tiña que votar unha moción informe da Intervención da Deputación sobre control financieiro, daquela subvención pagada, a posteriori, á Asociación Cultural Pro Xunqueira, no que se pide ao Concello que inicie un procedemento de revisión desa subvención. A moción foi aprobada cos votos do PSOE e Cs, polo que se iniciará un procedemento de lesividade para o interese público. Será o Xulgado o que determine se aquela subvención de 57.000 euros foi correcta ou non.

Novas relacionadas

Comentarios