Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O PP califica de "deplorable" o estado das instalacións do San Paio de Refoxos

PP de Cee con Proteccion Civil
O PP califica de "deplorable" o estado das instalacións do San Paio de Refoxos

Visitaba onte unha comitiva do PP as instalacións do estadio municipal de San Paio de Refoxos. O presidente provincial do Partido Popular da Coruña, Diego Calvo, acompañado polo candidato do PP á alcaldía ceense Jesús Picallo, reuinose con varios dos clubs locais así como con membros de Proteccion Civil.

Os populares tildaron de “deplorable” o estado dunhas instalacións que deben ser “un referente de calidade como non hai outro dende Coruña a Noia cunha pista homologada e máis de 800 usuarios”.

En relación á reunión Protección Civil de Cee e do Grumir, os populares pediron que volva "que foi un referente no seu tempo e que agora imos recuperar para que Cee sexa un sinónimo de excelencia en deporte e seguridade", manifestou o candidato popular, que estivo acompañado na súa visita polas edilas populares Águeda Mejuto e Mariví Areas.

Novas do PP

Novas das eleccións

Comentarios