PP e os xa concelleiros non adscritos explican o pacto goberno en Cee


Celebrouse hoxe, venres 9 de marzo, o primeiro pleno da nova etapa do Concello de Cee trala circense moción de censura. Un pleno de organización para presentar á nova corporación municipal e as súas áreas, que repasamos no acordo de goberno asinado ata o remate da lexislatura polo PP e os xa 3 edís non adscritos.
I é que o pleno comezaba dando conta da carta de excisión do BNG nacional aos 3 edís ceenses, polo que Dani Oca, Santos Díaz Graíño e María José Fandiño Blanco xa forman parte no goberno como concelleiros non adscritos. Algo que non cambia nada na política municipal.

O bo ambiente entre grupos é patente. Se ben aínda non houbo tempo para negociacións complexas, o Concello respira un aire de positivismo. Dende dentro do Concello xa hai quen valora que "a cousa vai polo bo camiño, se ben que mellorar o que había tampouco era complicado". Ademais, parece que as diferencias ideolóxicas non serán un impedimento, e xa se escoita o "superamos o integrismo político" ou "xa non estamos no 1917 cos koljoses e sovjoses".
Así e todo a realidade é complexa. Aseguran que a débeda municipal é superior á que pensaban, e está nos case 3 millóns de euros, cando o orzamento anual do Concello ronda os 4 millóns.
Como primeiras medidas, o grupo de goberno xa focaliza esforzos en pagar a todos os proveedores do Concello, en rematar uns orzamentos reais e en solucionar de xeito urxente, o tema da gardería.
Acordo de goberno entre PP e BNG de Cee
- Reparto proporcional das Áreas de Goberno, nas que ademais cada grupo xestionará as súas áreas como titular de competencias:
- O BNG, ademais de ter a 1ª e 3ª tenencias de alcadía xestionará Promocion económica, turismo, parque industrial, comercio e novas tecnoloxías (páxina web www.concellocee.es); Obras e servizos: alumeados, saneamentos, concesións administrativas; e Cultura, Educación e Deporte.
- O PP xestionará a alcaldía, Servizos Sociais, Tráfico e Seguridade Cidadá, e Medio Ambiente, Urbanismo e PXOM. - 2 dedicacións parciais a 6 horas, 36.000€ anuais, 2 de 18.000€.
- 2 Dedicacións parciais (6 horas): unha por cada forza política, por un importe de 18.000€/ anuais cada unha. A alcaldesa non cobrará un salario do concello mentres ocupe o seu cargo na Deputación Provincial.
- Elaboración dun catálogo conxunto de obras prioritarias para toda a lexislatura e aprobación urxente dun PXOM consensuado.
- Posta en marcha conxunta e consensuada do plan de saneamento económico do concello e do orzamento municipal.
- As medidas de saneamento democrático que contiña o acordo anticorrupción do mes de xuño: sobre todo transparencia na contratación de persoal e obras.
- Os dous grupos levaran a cabo unha rolda de reunións coa veciñanza das distintas parroquias para explicar o por qué da moción e as características do Pacto.
Medidas para a transparencia: A web abre as portas do Concello
En xeral, os dous grupos políticos municipais impulsarán a transparencia no concello, implementando estas medidas, focalizadas na web municipal, que será un escaparate aberto do que acontece na actualidade do Concello:
- Publicar na web www.concellocee.es todos os procesos de selección de persoal, a contratación pública, as axudas e subvencións, así como os soldos dos cargos públicos.
- Publicar os acordos relevantes adoptados polos órganos das corporacións locais dun xeito áxil na web institucional www.concellocee.es.
- Mellorar os sistemas de información e asesoramento municipal, tanto de carácter interno (sobre servizos e procedementos municipais), como externo (relacionados cos servizos e procesos doutras administracións), e dun xeito particular, potenciando, ou no seu caso implantando, oficinas que atendan os asuntos relativos aos dereitos dos consumidores e usuarios.
- Garantir a equidade e transparencia no acceso ao emprego público local, tanto na administración local como nas entidades dependentes da mesma (empresas públicas, fundacións), onde se terán en conta os méritos e capacidade dos/as aspirantes, e primarase o carácter profesional da selección.
- Garantir a transparencia e a equidade en todos os concursos públicos e en todas as contratacións de obras ou servizos a cargo da Administración Local. Utilización preferente de procedementos abertos na adxudicacións de obras e a compra de suministros.
- Elaboración dun rexistro municipal de contratistas, para que todas as empresas se beneficien da actividade do concello.
- Establecemento de bases reguladoras con criterios obxectivos e regrados que rexan as políticas de axudas e subvencións que aseguren unha concorrencia igualitaria, que erradique toda discrecionalidade.
- Garantir o labor fiscalizador e de control do Pleno da Corporación, poñendo a disposición dos grupos da oposición os medios materiais e técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións.
Novas relacionadas
- O circo político en Cee culmina con Zaira Rodríguez de alcaldesa.
- O BNG non expulsará aos concelleiros de Cee ata despois da moción de censura.
- O Consello Nacional do BNG conta xa con dous representantes da Costa da Morte.
- Dani Oca: “Isto non é Corea do Norte”.
- Presentada a moción de censura en Cee ante a negativa do BNG nacional.
- O PP deixa no tellado do BNG a moción de censura en Cee.
- Modesto Fraga, novo voceiro comarcal mentres o BNG nacional se divide.
- O Concello de Cee respira ambiente de moción de censura.
- Nova imputación a Ramón Vigo por delito medioambiental.
- O rexeitamento social e da oposición evitan a subida das taxas en Cee.
- Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria.
- A innovación tecnolóxica da Costa segue á espera do C3M./li>
- Vigo cobrará.
- As diferentes visións da festa do alcalde.
Máis novas
- Entrevista con Rafa Villar, un ceense chave na renovación do BNG.
- Verdades de Louzán: Imputados, Témolos a eito.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).