Luns. 04.11.2024
El tiempo

O PP volve descargar as responsabilidades en maeria de seguridade nos Concellos de Cee e Fisterra

Serxio Dominguez e Daniel Perez BNG
O voceiro do BNG de Cee Serxio Domínguez e o deputado nacionalista Daniel Pérez na estrada de entrada de Cee
O PP volve descargar as responsabilidades en maeria de seguridade nos Concellos de Cee e Fisterra

Levou ao Parlamento Galego o BNG unha moción solicitando un proxecto de urbanización e humanización da AC-552 na saída cara A Coruña (dende a rotonda “do Lar” até o “Cruce de Roget”), ademais de medidas que garantan a seguridade dos peóns nas estradas AC-445 por Estorde (Cee) e recta da Anchoa (Fisterra), a instalación de pasos de peóns e a redución de velocidade.

A de Cee é unha demanda evidente do núcleo urbano máis importante do sur da Costa da Morte, ao longo dunha estrada autonómica que conta cunhas beirarrúas absolutamente inaccesibles e desgarvadas. Ademais, son históricas as demandas veciñais ”por un paso de sebra" en Estorde e por varias medidas an Anchoa.

Pero o PP rexeitou a moción, como era de esperar. Foi o deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo o que deixou claro que “os treitos das estradas AC-552 e AC-550 que discorren pola capitalidade de concello de Cee teñen un carácter marcadamente urbano, polo que a súa humanización é unha competencia da Administración local”.
“É o Concello de Cee o que ten que liderar a execución da mellora destes treitos, solicitando a colaboración da Xunta e doutras administracións e prevendo participar no financiamento desta actuación, para o que é preciso que o Concello reserve a partida orzamentaria necesaria”, manifestou o deputado popular descargando a responsabilidade sobre o Concello.

Sobre o caso de Estorde, limitouse a lembrar as obras da senda peonil na AC-445 para o Camiño realizada hai varios anos, pero non fixou ningún compromiso. Mentres que no caso da Anchoa, recordou qeu a Xunta xa instalou a placa de 50km/h como velocidade máxima e que puxo raia continua, pero non deu resposta á necesidade de instalar pasos de peóns para o cruzamento da veciñanza.

O tamén carballés e deputado do BNG Daniel Pérez, trala intervencón de Lorenzo, criticou a inacción do goberno para resolver unha situación que está a crear un grande prexuízo de “inseguridade” a poboación e afirmou que esta é unha nova mostra “do desleixo” do Goberno galego coa Costa da Morte. Aproveitou para lembrar a desfeita da Autovía/Corredor, a falta de concreción do proxecto de mellora na seguridade no porto de Malpica, así como “promover e consentir” unha invasión de proxectos eólicos que ameazan o patrimonio natural, paisaxístico, e o potencial turístico de toda a zona litoral.
O nacionalista tamén se referiu á cronificación do inicio das obras da circunvalación de Carballo e os graves problemas de conexión e transporte público en toda a comarca.
A todas esta eivas, dixo, engadiu que “resulta imprescindible que o goberno galego actúe nas estradas C-552 e a na C-550, (coñecidas como Avenida de Fisterra e Avenida Fernando Blanco), que constitúen as principais arterias de comunicación do concello de Cee e que contan con un historial de sinistralidade tristemente coñecido. Son reiterados, no tempo e no espazo, os atropelos en ambas vías”.

Novas relacionadas

Comentarios