Tres profesor@s do IES Fernando Blanco seguen formándose en Portugal
O proceso de formación continúa do mestrado da Costa da Morte non sempre funciona tan ben como no IES Fernando Blanco. O centro ceense é un dos que mellor aproveitan as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+ de profesorado. Así o ratifican as mestras do departamento de Administración e xestión Mónica Arca e Maite Rivas, e o responsable do departamento de Electricidade e electrónica Francisco Agulló, que veñen de participar na Semana Internacional do ISAG (Instituto Superior de Administração e Gestião) en Porto (Portugal).
Máis de 30 representantes de institucións de máis de 15 países estiveron reunidos na vila entre os días 2 e 5 de maio, participando en numerosas sesións de networking, nun curso de portugués, workshops de sustentabilidade impartidos por docentes visitantes de Camboxa e Italia, un workshop de cociña tradicional portuguesa. Aprenderon tamén de dous workshops de innovación presentados por docentes de Moldavia e Armenia.
No ultimo día fixeron unha visita cultural por Porto e unha visita polas caves de Sandeman Port Wine Cellar.