Martes. 17.09.2024
El tiempo

Propoñen máis participación cidadá en Cee

Propoñen máis participación cidadá en Cee
Silleda tamen propuxo un programa de Participacion Cidada

”Favorecer a participación, é fortalecer a democracia” é o obxectivo da nova iniciativa que está a artellar o BNG de Cee. O grupo da oposición, nestes tempos nos que a palabra “democracia” aparece en moitas cabezas de lista, aposta pola “participación social e cidadán como o alicerce da política municipal, como medio para facer a acción de goberno o máis acaída posíbel ás demandas e necesidades da cidadanía”.

Por iso, considera que debemos avanzar na “institucionalización da participación social, individualmente ou a través de entidades representativas (asociacións, entidades sectoriais, partidos políticos)”.

Xa hai exemplos, mesmo en Galicia, como nos conta o noso especialista en Economía Municipal Domingo Guerra, onde cousas como os “Orzamentos participativos” son unha realidade. En San Sadurniño, Ferrolterra, celébranse numerosas xuntanzas nas que a cidadanía, a través de representantes veciñais, participa en cuestións de goberno como os propios orzamentos. Unhas propostas que lamentablemente son sempre silenciadas. Incluso en Lugo celebrouse este ano unha proposta semellante.

Así, dende o BNG ceense propoñen que se aproben “mecanismos que regule a participación de calquer que o quixer”, adaptando “tanto o Regulamento Orgánico Municipal, como a aprobar un Regulamento específico de participación cidadá”.

Polo dito, piden que “se inicien os trámites precisos para que se artellen os mecanismos necesarios para regular a participación de asociación políticas, veciñais, culturais, deportivas ou sectoriais na vida municipal e que se adopte un Regulamento de participación cidadá que permita a participación e presenza directa nos Plenos de veciños e veciñas a título individual para a defensa dos seus intereses como das asociación políticas, veciñais, culturais, deportivas ou sectoriais en asuntos de interese local e xeral”.

Mentres, solicitan que “se permita a participación directa e a formulación de iniciativas rogos e preguntas por parte de veciños e veciñas e de representantes políticos e veciñais de entidades e asociacións con implantación en Cee.”

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios