Queixas pola tala de árbores da estrada de Lires


Leva tempo pedindo o BNG ceense o o arranxo da estrada de Lires. Unha obra que por fin está en marcha, como nos contaba a alcaldesa a semana pasada, e que permitirá que haia dous carrís e mesmo unha senda peonil para chegar da vila á praia e ao fantástico chiringuito.
Así e todo, o BNG ceense, despois de recibir as queixas dos veciños, presentou unha protesta por escrito no concello porque, “a pesares de que a obra non o require, a corta de árbores non fai máis que medrar dende que se comezou con ellas”, sinalan. En novembro advertiran que “se fose máis coidadoso coa corta das árbores da marxe dereita que lindan coa ría, por dúas razóns; primeiro porque cantas máis se corten, máis débil quedará o terreo, e cos temporais poden suceder casos como os do inverno pasado cando caeu a estrada, e segundo porque afean, e moitísimo, o paraxe”.
Critican así que se cortasen “incluso especies autóctonas como carballos”, e piden que dean conta a quen proceda do suceso.
Novas relacionadas
- Zaira Rodríguez: “Da oposición prefiro non falar”.
- Xaneiro 14: As fochancas instálanse nas estradas das parroquias de Cee.
- 29-07-13: Piden arranxar a estrada de Lires.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).