Rafa Vilar faise co VII Certame poético Rosalía de Castro
- Rosalía Fdez. Rial gaña o Premio de Poesía aRi(t)mar

Segue gañando premios o ceense Rafa Vilar. Non hai moito gañaba o XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de Narración; ou o X Certame Poético Victoriano Taibo. E o último anunciábao esta fin de semana o Concello de Padrón, que lle outorga o VII Certame poético Rosalía de Castro.
Un certame de gran importancia, cun xurado formado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, como presidente, Lorena Couso, concelleira de Cultura; Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Manuel Lorenzo Baleirón, mestre no IES Macías o Namorado de Padrón; María Xesús Senín Fernández, profesora no IES Camilo José Cela de Padrón; Xosé Luis Axeitos Agrelo, membro da Real Academia Galega; e María López Sández, profesora asociada na Facultade de Ciencias de Educación da USC.
A obra foi destacada pola súa “estrutura, a coherencia temática, o simbolismo do territorio. É un poemario lingüístico moi coidado. Ten vocación de conxunto”, destacan na acta de resolución.
O premio único é de 1.500€ e a publicación da obra na Colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.
Premio para Rosalía Fdez. Rial
@RosaliaRial e @OficialMarcia gañan os premios da poesía @aritmar_gz_pt. 👏👏👏@EdGalaxia @edit_planeta
— aRi[t]mar GZ e PT (@aritmar_gz_pt) May 10, 2021
Moitos parabéns, tamén para as segundas e terceiras máis votadas: #ChiscoFernandezNaval, #AlexandraSantos, @arancharf e @samuelfpimenta !!! pic.twitter.com/2NfL9T4c0X
A comarca segue demostrando o seu potencial poético, e a carballesa Rosalía Fdez. Rial gañou o Premio de Poesía da Editorial Galaxia e Editorial Planeta entre Galicia e Portugal aRi(t)mar. O carnotán Chisco Fdez. Naval tamén quedou no podio.
Esta é a fermosa proposta da carballesa:
Vota para escolleres o mellor poema galego de 2020 en https://t.co/y1NHfdo9vW. Rosalía Fernández Rial: A reflexión (Árbores no deserto, Galaxia) @RosaliaRial @EdGalaxia pic.twitter.com/jdieeFKnmA
— aRi[t]mar GZ e PT (@aritmar_gz_pt) April 26, 2021
NOVAS RELACIONADAS
- 2019: Rafa Vilar gaña o XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de Narración.
- 2017: O ceés Rafa Vilar volve con “Erosións” e gaña o X Certame Poético Victoriano Taibo.
- As dúas Galicias de Europa únense coas voces do ceense Rafa Vilar e o ucraíno Ostap Slyvnsky:
- Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado.
- Un premio cheo de Arume para os versos piratas para nenos de Rafa Vilar.
- 2014: Un ceense no epicentro do socialismo galego.
- Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte