sábado. 15.02.2025
El tiempo

A rapazada do Manuela Rial parou os reloxos polo Día da Paz

DÍA DA PAZ no CPR Manuela Rial
A rapazada do Manuela Rial parou os reloxos polo Día da Paz

Orixinal traballo o que fixo este pasado xoves 30 de xaneiro a familia do CPR Prulilingüe Manuela Rial co gallo do Día da Paz.

Continuando coa temática do noso Proxecto Xeral, "Alicia no Pais das Marabillas", convertiron en protagonista ao simpático coelliño branco que sempre ten presa. Así, a rapazada parou os seus reloxos para pensar e reflexionar sobre as inxustizas e catástrofes.

Xuntaron as mans alumnado e profesorado e crearon a forma dun reloxo, bailando e cantando todos xuntos a nosa popular canción creada para a ocasión: TIC TAC TIC TAC.
Finalmente, o alumnado, colgou no patio os diferentes reloxios que eles mesmos crearon para esta actividade. 

Reloxios da Paz do CPR Manuela Rial

Comentarios