Luns. 20.05.2024
El tiempo

Rescatado un home en Lires tras caer por un desnivel duns cinco metros de altura

Rescatado un home en Lires tras caer por un desnivel duns cinco metros de altura
Varios equipos de emerxencias, entre eles os Bombeiros de Cee, participaron esta tarde no rescate dun home que resultou ferido tras precipitarse nun zona cun alto desnivel. O suceso tivo lugar pouco antes das 18:00 horas de hoxe en Lires, Cee. Concretamente na estrada que vai cara a praia e onde o desnivel chega aos cinco metros de altura. O home foi trasladado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee con varias fracturas costais. Fonte

Comentarios