Rescatan unha señora que caera no galiñeiro en Cee
Esta mañá rexistrouse un novo accidente preto do Cemiterio de Ameixenda

13:06 11/02/20
Esta pasada tarde de luns, os Bombeiros tiveron que acodir a unha casa no Lugar do Raso, en Brens, Cee, para rescatar unha muller. Non daban contactado con ela, e apareceu finalmente no galiñeiro tumbada e consciente. Os Bombeiros de Cee axudaron no traslado á ambulancia para que lle fixesen unha valoración médica no hospital.
Novo accidente
Esta mañá de martes rexistrouse un novo accidente, leve, por unha saída de vía na AC.550 á altura carón do Cemiterio de Ameixenda. A persoa ferida foi traslada en ambulancia.