Rocío Leira gaña o premio de poesía outorgado polo colexio oficial de Psicoloxía de Galicia
00:47 16/12/16
Rocío Leira recibiu un premio polo seu traballo "Desparramar os reloxos"
Novo premio para Rocío Leira. A escritora ceense vén de recibir o primeiro premio na modalidade de poesía dos premios literarios que convoca anualmente o colexio oficial de Psicoloxía de Galicia. O texto premiado leva por título “Desparramar os reloxos”.
Na categoría de narrativa, a autora galardoada foi Charo Cuba Penabad, pola súa peza "Herdanza". Neste ano, ademais, o xurado outorgou cadansúa mención especial en ambas categorías. Na de narrativa, a distinción foi parar a "Non me lembro do seu nome", escrito por Sandra Cereijo Romero, mentres que en poesía foi merecedor "Aguias e barcos", escrito por Miguel A. Alonso Fernández.
María Rosa Álvarez, decana do COPG, foi a encargada de entregarlle os recoñecementos ao premiados nun acto que tivo lugar na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago.
Novas relacionadas
- Rocío Leira gaña o XX premio de poeslía Avelina Valladares cun poemario sobre o paro
- Un poema de Rocío Leira gaña o certame de poesía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
- Sae a luz “Obituario”, o novo traballo de Rocío Leira
- Rocío Leira gaña o III certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira
- Rocío Leira: “Escribir sobre o cancro sempre é difícil, pero se está orientado ó público infantil a dificultade é maior”
- A ceense Rocío Leira tamén estrea novo libro de literatura infantil
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])