Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Rocío Leira gaña o XX premio de poeslía Avelina Valladares cun poemario sobre o paro

Rocío Leira gaña o XX premio de poeslía Avelina Valladares cun poemario sobre o paro
Rocio Leira recibiu varios premios de poesia nos ultimos meses Rocio Leira recibiu varios premios de poesia nos ultimos meses INEM - un poemario composto por 23 poemas articulados en torno a unha oficina de emprego e no que se retrata o drama do paro no país - acaba de facer que Rocío Leira sexa a gañadora da XX edición do premio de poesía Avelina Valladares que convoca o concello da Estrada. O xurado destacou que "se trata dun poemario de forma novidosa con desenvolvemento dunha linguaxe actual e de forma que contén a temática do desemprego, o que lle confire, no seu tratamento unha valoración cualitativa" que "por maioría" estimou que o fai "merecente de premio" ante unha vintena de traballos presentados. O galardón está dotado con 2000€. Máis éxitos Desta forma, Rocío Leira - unha polifacética escritora nacida en A Pereiriña (Cee) - suma ao seu palmarés un premio máis. Precisamente, o pasado mes de xuño foi a gañadora do XVI Certame de Poesía “Anduriña Voandeira” - convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi - co seu poema “Ás sempre en punto”.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios