Luns. 29.04.2024
El tiempo

Este sábado, Cee acolle o III Festival Solidario contra o cancro

Festival Solidario AECC Cee
Este sábado, Cee acolle o III Festival Solidario contra o cancro

Este sábado 16 de decembro, ás 19 horas, terá lugar o III Festival Solidario contra o cancro, no auditorio da Casa de Cultura de Cee. Trátase dunha iniciativa solidaria atellada pola agrupación local da AECC que busca recadar fondos para a investigación e a prevención desta enfermidade, así como apoiar ás persoas afectadas e as súas familias.

No festival participarán varios grupos de música e baile locais, que ofrecerán un espectáculo variado e de calidade para tódolos gustos. Ademais, realizaranse sorteos de produtos e servizos doados por comercios e empresas colaboradoras.
O prezo da entrada é de 6 euros, gratuíto para menores de 12 anos.

Comentarios