Xoves. 01.10.2020
El tiempo

Sae a luz "Obituario", o novo traballo de Rocío Leira

Sae a luz "Obituario", o novo traballo de Rocío Leira
Obituario Rocio Leira A partir da próxima semana sairá á luz un novo traballo 100% da Costa da Morte. Trátase de "Obituario", o poemario da ceense Rocío Leira (Pereiriña – Cee). O libro está editado pola secretaría xeral de Política Lingüística e está prologado polo crítico literario Ramón Nicolás. Ademais conta coas ilustracións de Héitor Picallo. O poemario consta de 41 poemas, encabezado, cada un deles, polo nome dunha das vítimas de violencia de xénero do pasado 2015. Constrúese así unha homenaxe a todas esas mulleres, e dáselles voz "aquela voz que sen dúbida tiveron pero non conseguiron que chegase a nós, ou se cadra nós non soubemos oír" asegura a autora. Rocio Leira recibiu o VI premio de Poesia Ardeiro pola sua obra Rocío Leira recibiu o VI premio de Poesía Ardeiro pola súa obra Precisamente este traballo -  baixo o pseudónimo de Xanela - resultou a gañadora do VI premio de Poesía Ardeiro. O premio consiste na edición do poemario gañador xunto coa entrega de 150 exemplares. “Este premio supón un paso importante na miña carreira, pois vai ser o meu primeiro libro de poesía para adultos que ve a luz”, aseguraba Rocío Leira o pasado mes de decembro cando se coñeceu que resultou a gañadora.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios