Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Segundo atropelo nunha semana en Cee e terceiro na zona

Segundo atropelo nunha semana en Cee e terceiro na zona
[fbvideo link="https://business.facebook.com/quepasanacosta/videos/190366395238784/?t=9" width="800" height="400" onlyvideo="1"] Semana de atropelos na Costa da Morte. Hai apenas unha semana que unha muller era enviada ao Hospital tras un atropelo na Avda de Fisterra, e este mesmo luns un suceso semellante acontecía en Vimianzo. Esta tarde noite de xoves cobrouse un novo atropelo, de novo en Cee, de novo na Avenida Fisterra, á altura do concesionario Kia. Unha nova demostración do perigo desta vía, por mor do excesos de velocidade e a falta de visibilidade, pola falta de lux e sinalización e pola cantdade de coches que hai arredor dos pasos de peóns. “Os veciños desta zona estamos fartos, todos os días para cruzar é un calvario”, explícanos un veciño da zona, que piden badenes para controlar a velocidade dos coches. A ferida (leve), veciña da zona, foi traslada ao Hospital polos servizos sanitarios con problemas nunha perna e varias magulladoras. Ao lugar acodiu, ademais do 061, a Policía Local e Protección Civil.

Suceso en Fisterra

Pouco despois do atropelo, a ambulancia tivo que saír cara o Faro Fisterra, preto de onde un home caía por un terraplén en estado de embriaguez. Tiveron que ser os Bombeiros os que o rescataran do terraplén cunha corda, e posteriormente foi trasladado á súa casa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-atropleo-envia-a-unha-muller-ao-hospital-en-cee/ https://quepasanacosta.gal/un-rapaz-ferido-tras-ser-atropelado-en-vimianzo/

Comentarios