Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Serxio Domínguez (BNG Cee): "Non lembro, aos meus 47 anos, un período onde un goberno tivese tan pouco diálogo e talante coa oposición"

Falamos co candidato a alcaldía do BNG de Cee de cara a estas eleccións municipais deste domingo 28 de maio de 2023.
Serxio Dominguez BNG Cee 2023 copia
Serxio Domingue, candidato do BNG de Cee
Serxio Domínguez (BNG Cee): "Non lembro, aos meus 47 anos, un período onde un goberno tivese tan pouco diálogo e talante coa oposición"

- Valoración desta lexislatura?

Desde logo, un cero rotundo. Non lembro, aos meus corenta sete anos, un período onde un goberno tivese tan pouco diálogo e talante coa oposición, mais grave cando gobernaron con catro mais un, o concelleiro de Cs, fronte aos oito restantes. Tan só tivo capacidade de chegar a acordos co Partido Popular ao comezo do mandato, cando lle aprobaron dous orzamentos en tres meses e tres soldos que nos custaron a todos os ceenses uns 320 mil euros, líquidos, nestes catro anos.

- Por que se ten posto tan agria a vida política municipal?

En Cee está moi claro, xa o dixen na pregunta anterior, pola nula capacidade de diálogo da alcaldesa e do seu equipo. Foron catro anos de “ordeno y mando”, de levarnos unha e outra vez a oposición contra as cordas para que lle tivesemos que apoiar o que ela propoñía. Pero seguro que o peor non foi dentro do salón de plenos, se non fora. Pechou locais de hostalaría con todos os permisos en regra, sen preocuparse polo futuro desa familia ou das familias de quen ali traballaba, denunciou indiscriminadamente a veciños que non eran da súa corda política, levou a cabo aquelo de comigo ou contra min, e iso non se pode permitir dunha persoa que debe gobernar aos que lle votaron e aos que non.

- Pegaches un cambio nos últimos tempos apostando por unha oposición máis positiva. Por que?

Pois penso que non foi así, quizais poida parecelo pero creo que non. Ás veces, a imaxe do que ti fas está condicionada polo que recibes de resposta, e a realidade é que a actitude belixerante da alcaldesa os tres primeiros anos e medio foi tremenda, e iso obrigaba a contestar con contundencia, que non con agresividade. Estes últimos meses baixou a presión e puido parecer que nós tamén a baixamos, mais o certo é que fixemos oposición igual os catro anos.

Facer oposición é fiscalizar ao goberno, e nós fixemolo cando lle dixemos que o talud de Ferroatlántica non o tiñamos que asumir nos, que era cousa da Xunta; cando lle dixemos que a renovación da entrada desde Brens ao porto a tiña que financiar Xeal, que era quen a estropeaba, e foron case 80 mil euros aforrados que foron para outras cousas. Fiscalizamos cando lle insistimos que as necesidades de Pereiriña non son as dunha rotonda, que con eses 600 mil euros podíase acometer o tan necesitado saneamento; cando por activa e por pasiva lle insistimos que cando hai un problema cunha institución, cun veciño ou veciña, cun empresario, a solución non é ir aos xulgados, que hai algo que lle chaman diálogo que axuda a buscar saídas. Pero tamén é construir, levar iniciativas, e moitas foron as que levamos a pleno e que hoxe son realidade, propostas recollidas despois de escoitar e dialogar coa veciñanza.

Sen ir máis lonxe as obras de saneamento, que se fan cunha subvención europea, son grazas as iniciativas do Bng e a miña visita a Bruxleas para expor diante da Unión Europea o problema da ría de Corcubión.

- Que cousas fundamentais quedaron por facer?

A principal é recuperar ese tempo perdido, volver ao salón de plenos a concordia, aos bos modos e ao diálogo. Somos forzas políticas que podemos ver as cousas dun xeito ou outro, podemos pensar diferente, pero debemos facer o posible é o imposible para chegar a entendementos, e pódese lograr. É mais, un goberno comandado polo Bng farao, xa levamos demostrado que somos dialogantes, que somos alternativa de goberno, persoas coas que se pode chegar a puntos comúns si se quere e se pon de todas as partes. A alcaldesa ten a dubidosa honra de ser a primeira alcaldesa/alcalde ao que lle convocan varios plenos extraordinarios desde a oposición pola súa maneira arrogante de gobernar.

En canto a proxectos, quedan moitos, e algúns básicos, que custan moi pouco, tan só hai que ter iniciativa e un bo equipo. Destacar a urbanización das Avenidas, a mellora das instalacións deportivas, a separación das augas pluviais e fecais, etc...

- Como está a ser esa "campaña diferente"?

Como todas moi dura e intensa, pero a mellor que levo feito, e xa van moitas. Inmensamente satisfatoria pola implicación de todos e todas que imos na lista, porque estamos ilusionados e con moitas gañas. Desta vez decidimos non facer mitíns, son da opinión que deben desaparecer, pero non por iso perdemos o contacto coa xente, ao contrario, imos porta a porta, aldea a aldea, falando coa xente, e iso é moi gratificante porque coñeces moita xente, moitas persoas maiores coas que conectas fácilmente, coa que cando lle explicas o que queremos entendeno a primeira, persoas que non irían a un mitin pero si che reciben cun sorriso. En calquera caso, o Bng de Cee pateou durante estes anos o concello de arriba abaixo, falou coa veciñanza, levou iniciativas ao pleno e conseguíu solucionar moitos problemas dea diario, e iso a xente sábeo.

- Cales son as novidades e os puntos fortes da vosa candidatura?

Hai novidades na nosa lista, renovación necesaria e normal, mais a maior parte dos e das integrantes repiten da anterior candidatura, e unha boa parte incluso da de fai oito anos. Destacar a número tres, Montse Canosa, unha muller que leva demostrado, nos seus quince anos de singladura polas ANPAS, a súa valía, e que estou segurisimo que vai ser unha estupenda concelleira, porque ten preparación e gañas. Pero non é a única novidade, tamén temos cinco rapaces e rapazas que veñen coas gañas e a frescura necesaria para entender a nova sociedade e a mocidade, para que os que xa imos cumprindo anos non nos quedemos ancorados no pasado. Antes do debate de Que pasa na Costa, cando ía a pé cara a casa da cultura de Cee, unha persoa, un profesional do mundo do taxi, paroume para decirme que tiña comigo a mellor lista da Costa da Morte, non sei si é así ou non, non teño interese de comprobalo nin de minusvalorar as demais, en absoluto, tan só me enchíu de orgullo ese comentario. Non quero esquecer a persoa que pecha a lista, Xosé Cañizo, referente para xeracións de alumnos e alumnas as que deu clase, entre os que teño a honra de figurar.

Si a lista do Bng lle das a volta, si o primeiro pasa a ser último, e o último primeiro, Xosé sería unn excelente alcalde.

BNG Cee 2023

- Cal é o voso proxecto para o Concello?

Onde o Bng goberna, as vilas e concellos transformanse para ben. Allariz, Pontevedra ou Tomiño na outra parte do país, e Zas ou Carballo aquí pretiño, son modelos de xestión municipalista do Bng, e nos queremos facer o mesmo en Cee. Só hai que mirar como era Carballo fai unha década e como é hoxe.

Queremos un Cee vivo, recuperar a centralidade comarcal, que toda a bisbarra volva a vir aquí a mercar, a pasar os seus tempos de ocio, tamén o nocturno. Queremos facela a capital comercial e industrial, porque sen industria non hai futuro. Non podemos perder a oportunidade de crear postos de traballo na marxe esquerda da ría, non podemos permitir que Xeal non cumpra as clausulas concesionarias do río Xallas e se perdan case cen postos de traballo nos últimos anos. Pero tamén temos outras potencialidades como o deporte, cunhas instalacións que debemos mellorar e aproveitar, San Paio de Refoxos e o polideportivo municipal, un potencial turístico que coidar e mimar, como Lires, Ameixenda, Gures, Estorde, etc... ou a cultura, piar findamental dunha sociedade viva e moderna. A creación dunha festa commemorativa da invasión francesa do 1809, a recupreración da Mostra de teatro, que foi referencia cultural durante 25 anos, ou a dotación da casa de cultura de persoal que coide da instalación ou que axude a adaptar os horarios de biblioteca as necesidades do estudantdo.

Non quero esquecerme do ocio nocturno, do que Cee foi referencia décadas e décadas, que deu postos de traballo a autónomos e xuventude que pagaba os seus estudos cos traballos de fin de semana. Non podemos seguir cos locais pechados porque a alcaldesa non axuda a súa apertura, porque pon atrancos e leva a donos dos locais ao xulgado e acobarda a outros que non queren abrir por medo a represalias, e todo isto mentres a mocidade pilla o coche para ir a outros lugares poñendo en risco a súa vida e deixando a seus pais e nais na cama sen poder durmir.

Comentarios