luns. 11.11.2024
El tiempo

Stoupa bótase a navegar polo mar cultural da Costa con Xosé Iglesias e varios patróns

Familia de Patrons de mar en Stoupa
Familia de patróns de mar en Stoupa para inaugurar a exposición #NaciónMar de Xosé Iglesias
Stoupa bótase a navegar polo mar cultural da Costa con Xosé Iglesias e varios patróns

Este sábado pasado tivo lugar, a Galeria Stoupa volveu facer unha demostración de ser un dos fervedoiros culturais máis activos da comarca. A inauguración das acuarelas do mariñeiro Xosé Iglesias, acolleu unha singular sesión salgada, cunha conversa singular de varios patróns da comarca. Unha colleita que serve para manter vivos relatos que pronto quedarán esquecidos no noso mar.

Todo no marco da inauguración da exposición das acuarelas da serie #NaciónMar do poeta-mariñeiro-pintor-entrevistador Xosé Iglesias. Exposición que estará ata finais de marzo na galería ceense e que pretende convertirse en libro.

Stoupa chea de vida ca expo de Xose IglesiasXose Iglesias en Stoupa co Maño

Falou o señor Maño do Pindo  (aquí enriba) cos seus 88 anos, patrón do Margarita del Mar, dos seus comenzos no océano traballando a arte do xeito nas lanchas xeiteiras. De como esas embarcacións tradicionais típicas da Costa Morte desapareceron por completo. Da lámina que lle fixo o mariñeiro, onde se explican detalladamente todas eses términos que constituían o ser da mesma lancha … *Un home que leva no seu esqueleto unha quilla e as cadernas*.

Falou tamén outro patrón mítico da Costa da Morte. O señor Pepe de Olegario, patrón do Jordi, un pesqueiro que se adicou case íntegramente a pescar meros pola plataforma continental galega e incluso portuguesa. Falou de todos eses cascos de barcos afundidos, verdadeiros oasis submarinos onde crían moitísimas especies de peixes, que ten recollidos nos mapas de naufraxios máis icónicos da comarca… Pepe, ”Un astrónomo de caladoiros invisibeis”.

E falou o seu patrón Gelucho, un home tritón que se camufla en pel de ser humano. Contou algunha anécdota do seu navío. Dos seus 15 metros de liberdade … “Un barco de madeira de ferro construído nos estaleiros da desembocadura do río Anllóns”.

Dende Malpica achegouse a ver exposición José Barizo, outro patrón mítico da Costa da Morte. O seu pesqueiro do cerco chamábase Castelao. Un nome que se lle negaron a poñer as autoridades en plena dictadura franquista. Pero o consigueu e agora é o armador retirado do Novo Castelao. Este barco ten escrito en letras ben grandes nun costado da ponte “voltarían as sardiñas si os políticos quixeran” … “Creo no mar, útero azul, patria dos ronseis do meu sangue. Amén”.

Xose Iglesias en Stoupa co patron Victorio Caamaño

Por último falou un contramaestre retirado que nos deixou impresionados co tamaño das baleas que cazaba a bordo do Ibsa I. Victorio Caamaño (aquí enriba), un ceense que adicou 25 anos da súa vida a caza dos grades cetáceos. Contou que na Costa da Morte non lle chamamos as grandes baleas Moby Dick, senón “Chimán”.

Rematou o acto a capitana da galería Stoupa, Begoña, agradecendo a toda a xente que se achegou a exposición, poetas, patróns, xente da política.... que ateigaron o local e permaneceron totalmente inmoveis cando falaron os mariñeiros.

Comentarios