Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Stoupa inaugura a súa axenda de exposicións 2019 co  “Voantes" de Laura Tova

Unha Sesión vermú con música en directo por Dj Tristón, servirá para inaugurar a mostra da polifacética artista carballesa

Laura Tova pintando os Voantes
Laura Tova pintando os Voantes
Stoupa inaugura a súa axenda de exposicións 2019 co  “Voantes" de Laura Tova

A galería de arte e tenda turística Stoupa, o gran epicentro cultural da bisbarra en clave de artesanía e creatividade, inaugura a súa axenda de exposicións 2019. Faino coa escultura “Voantes” , da ilustradora Laura Tova e con música en directo do Dj Tristón, nunha sesión vermú que seguro que non deixa a ninguén indifirente. A cita, este sábado 9 a partir das 12:00h.

“ Voantes” é un proxecto de autoedición onde se mestura ilustración e escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf.  Retomando un fancine do ano 2015 Laura  Tova introdúcese nun novo mundo de soportes e texturas baseadas na ilustración aplicada á cerámica.

A exposición componse de 7 pezas en forma de paxaro de diferentes tamaños e formas, ideadas e  esculpidas por ela. As frases que acompañan ás súas  voantes fan alusión á acción de voar e do sentimento de liberdade.

A mostra poderá visitarse ate finais de marzo de martes a sábado de 12h a 14h e de 17h a 20h.

Laura Torrado Varela (Carballo, 1989)

Defínese como unha persoa chea de ilusión, soños e historias coas que establece a súa relación co mundo, confesa que no 2015  vió a súa primeira estrela fugaz e marchouse con ela. 

Fórmase na escola  EASD Pablo Picasso da Coruña, comeza o seu proxecto de deseño de produto no 2014, para introducirse no mundo do deseño e a ilustración publicitaria. Imparte talleres didácticos, participa en diversas iniciativas de arte urbana; Derrubando Muros con Pintura,  Rúar e  rir, Derrubando Muros para ver ou Mar na Coruña. O seu último proxecto de escultura “ Voantes”.

Dj  Tristón,  integrante do grupo  the  Fakes, ademais  participa tamén en diferentes organizacións pertencentes ao mundo cultural de Costa da Morte. Este sábado 9 de febreiro estará en exclusiva pichando en  Stoupa. 

Comentarios