Venres. 19.04.2024
El tiempo

Stoupa recupera a actividade cultural coa presentación do libro ilustrado de Xosé Iglesias

Libro Nacion Mar en Stoupa
O libro Nación Mar
Stoupa recupera a actividade cultural coa presentación do libro ilustrado de Xosé Iglesias

Foi en febreiro de 2020 cando Xosé Iglesias presentaba a súa mostra Nación Mar en Stoupa. Foi un dos últimos actos da galería ceense antes da pandemia, pero despois de moitos meses en perfil baixo, volve á carga. E precisamente faino co propio poeta-mariñeiro para presentar o libro ilustrado homónino, recentemente estreado.

A cita será este vindeiro sábado 15 de maio ás 12h, coa presencia de Xosé Iglesias en directo, retransmitido tamén a través de Instagram (@stoupa.gal) e Facebook. A partir de 12:30h haberá firma de libros.

”É un libro que nos fai moita ilusión presentar aquí, como fixemos o ano pasado coa súa exposición de quince acuarelas que agora se transformaron en moitas máis en formato de álbum ilustrado”, explica Begoña Fdez., responsable da tenda turística.

Para todos aqueles que se queiran achegar poden chamar ao ?661436483 e reservar quenda.

Fai un par de semanas xa o presentaba así na rede, canda a primeira embarcación na que saíu ao mar:

Novas relacionadas

Comentarios