Talía Teatro irá con 9 nominacións aos Premios María Casares

A compañía costeira Talía Teatro foi a gran triunfadora da noite dos finalistas dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, nun acto conducido pola actriz Cristina Collazo. 9 nominacións consegue a súa obra ‘Unha inimiga do pobo’, sendo a que que máis finais comsege por diante de ‘Hamelin’, de Redrum Teatro, con 6.
A obra da compañía costeira, ‘Unha inimiga do pobo’, opta aos seguintes premios: espectáculo, dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Marta Lado), actor secundario (Toño Casais), adaptación-tradución (Tito Asorey e Vanesa Sotelo), iluminación (Laura Iturralde), espazo escénico (Dani Trillo), maquillaxe (Martina Cambeiro) e vestiario (Martina Cambeiro).
Son un total de 19 os espectáculos que competirán por facerse con algún dos 16 galardóns na dos Premios de Teatro María Casares que se celebrará o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Unha Gala na que ademais desas 9 nominacións de Talía, teremos tamén ao cormelán Víctor Mosqueira, que volve ser finalista como Actor Protagonista en ‘Auto do Castromil’, de Producións Teatráis Excéntricas.
Tamén o malpicán Santi Romay, como co adaptador/tradutor, e a ceense Martina Cambeiro (maquillaxe) optan aos premios por ’Entrega en man’, de Contraproducións.

Podes ver na web de AAAG a lista completa.
CRÓNICAS DO MARÍA CASARES
- María Casares 22: Talía Teatro volve con premio dos María Casares.
- María Casares 2020: Martina Cambeiro, de Talía Teatro, repite Premio María Casares.
- María Casares 2019: Os Premios María Casares traen tres galardóns para a Costa da man de Talía Teatro.
- María Casares 2018: Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- María Casares 2017: Acento costeiro nos Premios María Casares do teatro galego.
- María Casares 2015: Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- MaríaCasares 2014: Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.